Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de decembro de 2020

Celemín destaca o valor engadido que supoñen os preto de 3.000 libros doados pola familia Alvajar á Casa Museo Casares Quiroga

O edil inaugurou esta mañá a placa de agradecemento ás persoas depositarias destes fondos onde priman os libros de ensaio, da historia de España e das ciencias políticas, e que descansarán “nun punto de referencia do republicanismo na cidade”

O concelleiro de Educación, Jesús Celemín, inaugurou hoxe na Casa Museo Casares Quiroga da placa de agradecemento á familia Alvajar pola cesión, a través do Ateneo Republicano como anterior depositario, de preto de 3.000 libros, "documentos imprescindibles da historia de España, ensaios e republicanismo", apuntou o edil. Celemín explicou que a doazón permitirá que finalmente os fondos descansen "nun punto de referencia do republicanismo na cidade", que terá desde hoxe un valor engadido.

Pola súa parte, o representante familiar, Juan Pérez Alvajar, agradeceulle ao Concello a xestión que se iniciou en 2019 e que leva a que estes exemplares se depositen na que fora casa dun "insigne político republicano, que representa o período de España en que máis se fixo polo libro e a lectura, polo que non poden ter mellor destino". Sinalou que se trata dunha biblioteca concibida desde finais dos anos 60, e que inclúe toda a época do 'boom' do libro de ensaio, con referencias sobre a historia de España, a das ideas e mais das ciencias políticas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión