22 de septiembre de 2021
O concelleiro de Educación participou na inauguración da actividade organizada pola Universidade na que especialistas de todo o mundo analizarán as múltiples facetas da autora sobre a que o Concello organizou máis de 40 iniciativas
O concelleiro de Educación, Jesús Celemín, participou na inauguración do "Congreso Internacional Emilia Pardo Bazán no seu Centenario. Literatura e vida nos séculos XIX, XX e XXI", no paraninfo da Universidade. O edil lembrou as máis de 40 actividades que organizou o Concello para conmemorar os 100 anos do seu pasamento e destacou a implicación da Universidade que abordará con este congreso novas perspectivas da intelectual, "matices que constrúen a xenialidade de dona Emilia" e que estudarán aspectos da súa escrita, biografía ou ideoloxía.
Durante catro xornadas, "neste símbolo da tolerancia e o coñecemento, volvemos a reencontrarnos con ela. O seu legado aliméntanos a alma e lévanos polo camiño correcto que non é outro que o da loita polos nosos principios". Celemín sinalou que o Goberno de Inés Rey traballa para recuperar a actividade cultural da cidade ao 100% porque aí está a esencia da Coruña que nunca para e goza da cultura en directo, aprende e medra un pouquiño máis con eventos coma este.
Neste aspecto, explicou, que para programar o centenario de Pardo Bazán "quixemos que toda a veciñanza celebrase a sorte de ter na rúa Tabernas unha casa que, hoxe é museo, desde a que Pardo Bazán inspirou a tantas e tantos coetáneos. Puntualizou o concelleiro que nesa morada en que se respirou tanta liberdade, Pardo Bazán cultivou as súas innumerables facetas.
No acto, o reitor salientou que foi pioneira na pugna pola consecución dos dereitos sociais e pola igualdade, "unha figura que vai máis alá do eido literario". Afirmouse que é importante contar con persoas coma ela e agarda que axiña se poidan ter a disposición das institucións as Torres de Meirás para recuperalas como un espazo de traballo por esa igualdade pola que Pardo Bazán loitou.
Na apertura tamén participaron o conselleiro da Xunta, Román Rodríguez; o coordinador xeral do congreso, José María Paz Gago; e Xosé Luis Axeitos, da Real Academia Galega, quen homenaxeou ao recentemente falecido Xosé Ramón Barreiro.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible