Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de outubro de 2022

Comeza a terceira edición da Semana da Arquitectura, coa figura do arquitecto coruñés Ramón Vázquez Molezún como protagonista

Entre o martes 4 e o xoves 6, levaranse a cabo tres percorridos guiados polas rúas Juan Flórez, o barrio de Elviña e Fundación Barrié, achegando ás persoas asistentes a obra de Vázquez Molezún

O salón de mostras do Pazo Municipal de María Pita acolleu esta tarde, ás 19.00 horas, o acto de presentación da terceira edición da Semana da Arquitectura, unha iniciativa promovida polo Concello desde o ano 2020, co apoio da Universidade da Coruña, a Escola Técnica Superior de Arquitectura (ETSAC), a Fundación Luis Seoane e a colaboración da Fundación Barrié.

A alcaldesa, Inés Rey, acompañada polo concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, Francisco Díaz Gallego, puxo en valor os obxectivos desta proposta cultural-urbanística, que nesta terceira edición homenaxea ao arquitecto coruñés Ramón Vázquez Molezún co gallo do centenario do seu nacemento.

"O legado urbanístico de Vázquez Molezún segue estando presente na nosa cidade, e o Goberno municipal que presido asumiu o compromiso de aportar visibilidade ao seu traballo, que contribuiu a modernizar a arquitectura da cidade aportando o seu coñecemento da técnica constructiva da Coruña á súa experiencia vital polas principais urbes do continente europeo, tendo sempre en conta a nosa propia identidade", subliñou esta tarde Inés Rey, no acto de apertura á cidadanía da exposición 'Ramón Vázquez Molezún. 5+5 obras coruñesas'.

Neste sentido, e durante os vindeiros días, tamén se levarán a cabo tres percorridos guiados pola obra de Vázquez Molezún nas rúas do Ensanche, o barrio de Elviña e a Fundación Barrié. Os dous primeiros, de acceso libre para a cidadanía, e o terceiro, na Fundación Barrié, limitado a doce prazas. 

As persoas interesadas en inscribirse nos tres roteiros poden facelo remitindo a súa solicitude, xunto aos seus datos persoais, ao correo semanaarquitectura2022@coruna.gal.

As datas e os horarios dos percorridos son os seguintes:

  • Martes 4 de outubro.
    • 17.30 horas (Praza do Libro): Roteiro guiado pola obra coruñesa I. Juan Flórez.
  • Mércores 5 de outubro.
    • 17.30 horas (Entrada do Club Financiero): Roteiro guiado pola obra coruñesa II. Elviña.
  • Xoves 6 de outubro.
    • 16.00 horas (Fundación Barrié): Visita á Fundación Barrié.

Documentos:

Actividades da III Semana da Arquitectura (1 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión