Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

7 de xullo de 2020

Comunicado oficial da alcaldesa para o uso responsable dos espazos públicos, das terrazas e dos locais de ocio nocturno no municipio

Inés Rey tamén fai un chamamento á veciñanza para o estrito mantemento das distancias de seguridade e demais normas, medidas e obrigas vixentes

Chamamento á colaboración de toda a veciñanza para un uso responsable dos espazos públicos, das terrazas e dos locais de ocio nocturno no noso municipio, así como ao estrito mantemento das distancias de seguridade e demais normas, medidas e obrigas vixentes.

Un comportamento irresponsable sen usar máscara nin gardar a distancia de seguridade, ignorando a normativa en vigor para previr o contaxio da COVID-19 pode traer consecuencias moi prexudiciais como estamos a ver noutros lugares.

Como alcaldesa da Coruña fago un chamamento á responsabilidade de todas e todos, en primeiro lugar ás persoas titulares e traballadoras dos negocios para actuar coas medidas efectivas precisas, pero tamén á súa clientela, que debe respectar permanentemente as normas e obrigas legais encamiñadas a previr a aparición de calquera novo foco de COVID-19. 

Todos os esforzos son poucos para protexer a saúde das nosas veciñas e veciños. Coidándonos nós, coidamos as demais persoas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión