Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

30 de junio de 2021

Concello, Afundación, e ABANCA distribuirán durante as vacacións de verán menús a escolares de familias vulnerables

A alcaldesa, Inés Rey, e o presidente de Afundación e director xeral de Responsabilidade Social e Sostibilidade de ABANCA, Miguel Ángel Escotet, asinaron esta mañá en María Pita un convenio de colaboración para a posta en marcha do programa Cubertos

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, acompañada da concelleira de Benestar Social e Igualdade, Yoya Neira, e o presidente de Afundación e director xeral de Responsabilidade Social e Sostibilidade de ABANCA, Miguel Ángel Escotet, asinaron esta mañá en María Pita un convenio de colaboración para a posta en marcha do programa Cubertos, que proporcionará 150 menús saudables ao día a menores en risco de pobreza ou exclusión social durante as vacacións escolares. O obxectivo desta iniciativa de Afundación e ABANCA, en colaboración co Concello da Coruña, é apoiar ás familias máis vulnerables, especialmente afectadas pola crise da COVID-19, garantindo ás nenas e aos nenos unha alimentación saudable durante o verán.

A alcaldesa, Inés Rey, agradeceulle á entidade ABANCA e á súa fundación que se fagan cargo do financiamento destas axudas durante o período estival co fin de axudar ás familias con máis necesidades económicas da cidade.  Rey destacou a posta en marcha desta colaboración como mostra do seu compromiso coas persoas máis vulnerables, "conscientes do impacto económico que continúa provocando o coronavirus". Lembrou que nos dous anos de mandato, "este Goberno local destinou 8 millóns de euros a axudas a entidades sociais da cidade".

Habilitaranse 5 puntos de recollida na cidade para facilitar a accesibilidade das familias, con localizacións que se acomoden ás súas necesidades. Os menús prepáranse seguindo as recomendacións da Estratexia NAOS da Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN), que engloba accións para inculcar hábitos de vida saudables a través da alimentación e o exercicio. Con este obxectivo, os menús, elaborados en empresas galegas especializadas e supervisados por nutricionistas, son equilibrados e orientados á idade e gustos dos menores e prepáranse con produtos frescos de provedores locais. Ademais, na elaboración dos menús atenderase ás necesidades específicas dos nenos e nenas participantes con intolerancias, alerxias ou outras particularidades.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión