Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de maio de 2021

Concello e Cáritas atenden a 1.654 persoas en risco de exclusión social

A alcaldesa visitou esta mañá o Centro de formación Violetas de Cáritas e destacou o traballo que fai a entidade pola inserción laboral das persoas máis vulnerables.

A alcaldesa, Inés Rey, a concelleira de Benestar Social, Yoya Neira,  e o edil de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, visitaron esta mañá o Centro de formación Violetas de Cáritas, no barrio das Flores, co fin de coñecer de primeira man o labor que realiza esta entidade social. Na visita estiveron acompañados pola directora da entidade, Pilar Farjas e a directora do centro de formación, Patricia Bel.

O programa de axuda sociais do Concello e Cáritas atendeu a 1.654 persoas en situación de vulnerabilidade cubrindo necesidades básicas como a alimentación, a subministración de medicamentos a aquelas familias nas que algún membro padeza unha enfermidade crónica e para o programa do Materno Infantil, dirixido a menores de 3 anos

Rey explicou que o Concello reforzou a súa achega á entidade cun incrementou no importe do convenio do 75%, pasando de 175.000 euros no anexo de subvencións de 2019 a 305.000 euros en 2021. Este aumento é debido ao incremento na cantidade do convenio para axudas sociais (130.000 euros) e na posta en marcha dun programa de maiores en situación de soidade (175.000 euros).

A alcaldesa tamén coñeceu de preto o funcionamento do programa de atención a persoas maiores Acompáñote, froito dun convenio co Concello da Coruña cunha achega municipal de 175.00 euros que atendeu a 150 persoas no 2020.

Durante o encontro, a rexedora destacou o traballo da entidade que leva 27 anos neste centro Violetas  "pero moitos máis anos apoiando e traballando intensamente contra a exclusión social das persoas máis desfavorecidas e facendo un labor impagable pola inserción laboral e porque ninguén quede atrás, unha das máximas do Goberno local". A rexedora agradeceulle a Cáritas o soporte que lle presta ao Concello para desenvolver políticas sociais que lles axudan á xente máis nova e ás persoas maiores en situación de soidade e dependencia: "Unha axuda que non só se limita á asistencia, senón que vai dirixida á inserción, á procura dun traballo digno, dun  futuro", dixo.

Pola súa banda, a directora de Cáritas Pilar Farjas, lembrou que Cáritas leva máis de 50 anos traballando na cidade  e sempre foi unha grande aliada das institucións públicas, "en especial do Concello, que é a máis próxima á cidadanía". Buscamos, dixo, erradicar a pobreza a través da inserción laboral e social das persoas máis vulnerables. O Centro Violetas traballa para acadar esta inserción a través de cursos e itinerarios de seguimento até que as persoas conseguen un traballo digno.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión