Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Cando:

22 de xaneiro de 2021

CovidBens estima que hai preto de 7.600 portadores da COVID na área metropolitana da Coruña

A alcaldesa, Inés Rey, que desvelou os datos do informe sinala que “son moi preocupantes” e instou a cidadanía a evitar os contactos sociais e restrinxilos só aos conviventes. Edar Bens publicará cada semana os datos da presenza da Covid-19 nas augas residuais da Coruña e a súa área metropolitana.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, apuntou hoxe que os datos do estudo CovidBens, proxecto de investigación consistente en analizar a carga viral presente nas augas residuais e lodos da depuradora de Bens para coñecer a evolución real da pandemia, son "moi preocupantes" polo que instou a cidadanía a evitar os contactos sociais e restrinxilos só aos conviventes. Apunta que, segundo este informe que estima o número de portadores do coronavirus (sintomáticos e asintomáticos) nos concellos que verten as súas augas residuais á Edar Bens (Oleiros, Cambre, Culleredo, Arteixo e Coruña), existen a día de hoxe 7.600 portadores do virus.

"O incremento dos contaxios é moi precoupante e grazas a este proxecto podemos anticiparnos aos brotes dúas semanas antes que os datos clínicos, atendendo á información que se desprenden das augas residuais", asegura Rey.

CovidBens tamén funciona como sistema de alerta temperá, de tal forma que pode adiantarse ata dúas semanas con respecto aos datos sanitarios, servindo como sentinela para detectar un brote, explicou a  alcaldesa e presidenta do Consello de Edar Bens.

O proxecto COVIDBENS, que se realiza desde abril de 2020, ocúpase de coñecer a evolución da epidemia e de determinar o número de persoas portadoras do coronavirus SARS-CoV-2 na área metropolitana da Coruña, cuxos case 400.000 habitantes verten as súas augas residuais á depuradora de Bens, considerando que todas as persoas infectadas, teña ou non síntomas, excretan virus nas súas feces.

Para iso, empréganse unha serie de modelos estatísticos que permiten estimar o número de portadores a partir da carga  viral (número de copias de  ARN do virus por litro) presente na auga.

Este proxecto de investigación está realizado por un equipo multidisciplinar -que inclúe microbiólogos, enxeñeiros, matemáticos, informáticos e químicos- da UDC, o INIBIC, o CHUAC, o CITIC e o CICA, e cuxo fin principal consiste en analizar a carga viral presente nas augas residuais e lodos da depuradora de Bens para coñecer a evolución real da pandemia.

Cada semana actualizaranse na web de Edar Bens os seguintes parámetros:

• Evolución da carga  viral nas augas residuais dos cinco Concellos aos que presta servizo Edar Bens. Esta evolución permite determinar o número de persoas portadoras do coronavirus SARS-CoV-2 na área metropolitana da Coruña, considerando que todas as persoas infectadas, teñan ou non síntomas,  excretan virus nas súas feces.

• Evolución do número de portadores estimados a partir da carga  viral (número de copias de  ARN do virus por litro) presente na auga residual. Esta curva obtense mediante o modelo matemático deseñado polos investigadores do proxecto CovidBens.

• Evolución da carga viral nas augas residuais de cinco zonas correspondentes aos Concellos onde presta o seu servizo Edar Bens. Estas mostras non corresponden coa perfecta delimitación xeográfica dos termos municipais, xa que por motivos hidráulicos poden haber zonas pertencentes a un concello que non se recollan, ou outras que vertan ao municipio lindeiro e non ao seu.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión