Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de marzo de 2021

Dispoñibles desde mañá as invitacións para “Amparo, ao outro lado”, o espectáculo que abre a programación escénica do Centenario de Emilia Pardo Bazán

As localidades para a obra sobre as cigarreiras da Coruña que terá lugar o vindeiro 16 de abril no Teatro Colón poderanse descargar cun máximo de dúas entradas por operación a través da web corunacultura.sacatuentrada.es. “A cultura na Coruña non para, ao contrario, con programas como EPB100 ou o PRESCO estamos a darlles un pulo importante tanto aos/ás artistas locais como á programación cultural, sempre coa maior seguridade”, sinalou a alcaldesa, Inés Rey.

A ampla programación escénica coa que o Concello da Coruña celebrará o Centenario de Emilia Pardo Bazán comezará co espectáculo combinado de danza e documental "Amparo, ao outro lado", que terá lugar no Teatro Colón o vindeiro 16 de abril ás 20.00 h e cuxas invitacións se poderán adquirir a partir de mañá ás 10.00 h.

Á espera de que as condicións sanitarias permitan ampliar a capacidade do recinto, polo de agora estarán dispoñibles unhas 150 localidades, cumprindo con todas as normas de seguridade vixentes a día de hoxe. Os convites poderanse descargar cun máximo de dúas entradas por operación a través da web corunacultura.sacatuentrada.es e tamén o mesmo día do espectáculo no Teatro Colón, en caso de non esgotárense antes.

O espectáculo contou cunha axuda do programa PRESCO do Concello da Coruña e forma parte dos actos do Centenario de Emilia Pardo Bazán. "A cultura na Coruña non para, ao contrario, con programas como EPB100 ou o PRESCO estamos a darlles un pulo importante tanto aos artistas locais como á programación cultural, sempre coa maior seguridade", indicou a alcaldesa Inés Rey.

"Amparo, ao outro lado" nace a raíz do proceso creativo da directora artística Ana Beatriz Pérez para crear a peza de danza "Amparo", nome da traballadora da Fábrica de Tabacos protagonista de "La Tribuna", a novela máis coruñesa de Emilia Pardo Bazán. O evento dura aproximadamente unha hora e conta cunha representación do solo de danza contemporánea "Amparo" a cargo da directora artística, a proxección do documental "Amparo ao outro lado" sobre as cigarreiras da cidade e finalmente un encontro participativo coa propia autora.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión