Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

10 de marzo de 2020

Eva Acón destaca a importancia das institucións para incidir na igualdade real no ámbito laboral

A concelleira participou na xornada “Mulleres directivas habelas hailas”, no Centro ACCEDE Papagaio, que organizou AJE con motivo do Día Internacional da Muller

Esta tarde o Centro ACCEDE Papagaio da Coruña acolleu o evento "Mulleres directivas habelas hailas", en que participou a concelleira de Innovación, Industria, Emprego e Consumo, Eva Martínez Acón.

A xornada, que se realizou con motivo do Día Internacional da Muller e que organizou a Asociación de Xoves Empresarios (AJE), contou coa participación de Irantxu Díaz, directora de Ikea Coruña, Xulia Santiso, directora da Casa Museo Emilia Pardo Bazán, Gabriela González, directora de Relacións Internacionais e Comunicación de Vegalsa-Eroski, e Berta Lema, representante de AESGAL.

Na súa intervención, a concelleira aludiu á importancia de que as institucións "incidan na igualdade real" e, dixo, "en tanto non se consiga a igualdade para os autónomos e as autónomas cos mesmos dereitos que o resto de traballadores e traballadoras, flexibilidad horaria ou horarios que permitan a conciliación e corresponsabilidade, non haberá igualdade de oportunidades".

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión