Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

16 de outubro de 2020

Eva Acón: “Sumarse ao cambio pasa pola formación no ámbito dixital"

A concelleira de Innovación e Emprego asistiu esta tarde á presentación do programa “Relánzate” que a Asociación de Jóvenes Empresarios, AJE, pon en marcha coa colaboración do concello

A concelleira de Innovación e Emprego, Eva Acón, asistiu esta tarde no centro de empresas Accede Papagaio á presentación do programa "Relánzate", que a Asociación de Jóvenes Empresarios, AJE, pon en marcha a través dun convenio de colaboración co concello. Trátase, tal e como explicou Acón, dun programa de apoio formativo e de consultoría para que as empresas poidan integrar a tecnoloxía nos seus modelos de xestión e "poidan dar un primeiro paso na transformación dixital". A concelleira explicou que o concello aposta pola formación continua. "Sumarse ao cambio pasa pola formación, "Relánzate" daralles a 23 empresas e persoas emprendedoras as ferramentas necesarias para poder adaptarse á contorna dixital", dixo.

Martínez sinalou que os tempos que vivimos empúxannos a unha reciclaxe continúa e debemos atopar novas fórmulas, novas estratexias que nos permitan avanzar. "As nosas empresas deben buscar novo horizontes e, nesta procura, é imprescindible mergullarse na transformación dixital", apuntou.

 Neste ano, a Concellería de Emprego puxo en marcha diversos talleres formativos dirixidos a persoas emprendedoras, autónomas, comerciantes e empresariado en xeral, que se agrupan en distintas áreas como desenvolvemento de proxectos empresariais, comunicación, novas tecnoloxías, administración e xestión de empresas ou idiomas, que debido á situación actual, se desenvolven en modalidade de teleformación. Nestes momentos, un total de 1.455 persoas están inscritas nos talleres en liña. Debido á alta demanda de prazas, o concello non descarta realizar novas edicións destes talleres.

Doutra banda, o servizo de asesoramento do centro de empresas Accede Papagaio atendeu durante o ano 2020 a un total de 239 persoas e 88 empresas e traballou man a man na creación de 154 proxectos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión