Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

16 de octubre de 2020

Eva Acón: “Sumarse ao cambio pasa pola formación no ámbito dixital

A concelleira de Innovación e Emprego asistiu esta tarde á presentación do programa “Relánzate” que a Asociación de Jóvenes Empresarios, AJE, pon en marcha coa colaboración do concello

A concelleira de Innovación e Emprego, Eva Acón, asistiu esta tarde no centro de empresas Accede Papagaio á presentación do programa "Relánzate", que Asociación de Jóvenes Empresarios, AJE pon en marcha a través dun convenio de colaboración co concello. Trátase, tal e como explicou Acón, dun programa de apoio formativo e de consultoría para que as empresas poidan integrar a tecnoloxía nos seus modelos de xestión e "poidan dar un primeiro paso na transformación dixital". A concelleira explicou que o concello aposta pola formación continua. "Sumarse ao cambio pasa pola formación, "Relánzate" dará a 23 empresas e persoas emprendedoras as ferramentas necesarias para poder adaptarse á contorna dixital", dixo.

Martínez sinalou que os tempos que vivimos empúxannos a unha reciclaxe continúa e debemos atopar novas fórmulas, novas estratexias que nos permitan avanzar.. "As nosas empresas deben buscar novo horizontes e, nesta procura, é imprescindible mergullarse na transformación dixital", apuntou.

 Neste ano, a Concellería de Emprego puxo en marcha diversos talleres formativos dirixidos a persoas emprendedoras, autónomas, comerciantes e empresariado en xeral, que se agrupan en distintas áreas como desenvolvemento de proxectos empresariais, comunicación, novas tecnoloxías, administración e xestión de empresas ou idiomas, que debido á situación actual, se desenvolven en modalidade de teleformación. Nestes momentos, un total de 1455 persoas están inscritas nos talleres en liña. Debido á alta demanda de prazas, o concello non descarta realizar novas edicións destes talleres.

Doutra banda, o servizo de asesoramento do centro de empresas Accede Papagaio atendeu durante o ano 2020 a un total de 239 persoas e 88 empresas e traballou man a man na creación de 154 proxectos.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión