Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

21 de diciembre de 2020

Igualdade dálles visibilidade a 15 mulleres referentes a través da exposición “Tecedoras do cambio”

A concelleira de Igualdade, Yoya Neira, inaugurou a mostra fotográfica, que se poderá ver até o 5 de febreiro na praza de Pontevedra e que lles pon rostro a 15 activistas de 12 países que traballan por lograren condicións igualitarias nas súas comunidades

A concelleira de Igualdade, Yoya Neira, inaugurou este mediodía a exposición fotográfica "Tecedoras do cambio" na praza de Pontevedra, en que se lles pon rostro a 15 mulleres de 12 países, "referentes todas e líderes que traballan na procura de dereitos e que loitan contra o maltrato e a invisibilidade feminina". A edila sinalou que, a través das fotos e de textos, cóntase como transformaron a realidade de territorios onde a desigualdade é notoria. Deseñada pola coordinadora Galega de ONG, a iniciativa está financiada pola concellería e pretende achegar a biografía de mulleres imprescindibles, coidadoras e labregas "silenciadas" que participan en procesos de desenvolvemento das súas comunidades xunto a organizacións locais e ONG galegas.

A veciñanza poderase achegar até o 5 de febreiro ás realidades de Vanada, unha muller 'intocable' segundo o sistema de castas hindú que participa en procesos de empoderamento doutras mulleres; a de "Doña Luci", quen con 15 anos tivo que se desprazar á costa como consecuencia do conflito armado dos anos 80 en El Salvador e que, 30 anos despois, formou unha cooperativa de mulleres mariscadoras; ou a de Haydée Castillo, unha histórica activista e defensora dos dereitos humanos en Nicaragua que na década dos 70 se sumou á loita contra a ditadura dos Somoza e participou activamente na Revolución Popular Sandinista. Hoxe está exiliada en Estados Unidos debido á súa incansable loita polos dereitos das mulleres campesiñas.

Na web da Coordinadora Galega de ONGD están colgadas as imaxes e mais as historias das mulleres para podermos realizar un percorrido en liña: https://galiciasolidaria.org/tecedorasdocambio/

A Coordinadora Galega de ONGD é unha plataforma formada por 46 organizacións que traballan en prol do cambio social. As organizacións galegas que participan nesta exposición son Arquitectura sen Fronteiras, Asemblea de Cooperación pola Paz, Asociación Galega de Reporteiros Solidarios, Ecodesarrollo Gaia, Enxeñería sen Fronteiras, Fundación Entreculturas, Farmamundi, Fundación Educación e Cooperación Educo, Fundación Fabre, Fundación Tierra de Hombres, Mans Unidas, Médicos do Mundo, Oxfam Intermón, Semilla para el Cambio, Solidariedade Galega e Solidariedade Internacional de Galicia.

Canto ás ONG internacionais que colaboran, atópanse Associação Comunitária de Desenvolvimento da Mulher (Mozambique), Association des Femmes Chefs de Famille (Mauritania), Asociación Indíxena Agropecuaria Prodesarrollo Integral (Guatemala), CODDEFFAGOLF (Honduras), Cooperativa Suty Ndiaré (Senegal), Cordes (El Salvador), DEGGO (Senegal), Instituto de Liderazgo Las Segovias (Nicaragua), Fondation Educo Burkina Faso, Fundación para el Desarrollo Integral (Guatemala), Loq' laj ch'och' (Guatemala), Predes (Perú), Seed for Change (India), Servizo Xesuíta a Persoas Refuxiadas (República Democrática do Congo) e Sociedade para o Benestar Social da Dioceses de Vārānasī (India).

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión