Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de xuño de 2021

Inés Rey: “A apertura do Pazo de Meirás é un símbolo de conviccións democráticas”

A alcaldesa sinalou que o Goberno local está decidido a reclamar o retorno á cidadanía da Casa Cornide.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, afirmou hoxe no Pazo de Meirás que "a apertura  destes  xardíns  é un símbolo de  conviccións democráticas". Camiñar libremente por esta zona verde do Pazo, dixo, simboliza o camiño por unha sociedade libre, igualitaria e democrática, porque a súa imaxe devolve dignidade a quen houbo de pasar polo desprezo e o saqueo, como todos aqueles traballadores coruñeses a quen se detraeu das súas nóminas aportacións falsamente voluntarias. "Puidese parecer que hoxe só se abre un xardín, pero é algo máis, é a imaxe da memoria e da liberdade", remarcou.

Durante a sinatura do protocolo que regula as funcións de cada administración na xestión do pazo, a alcaldesa subliñou a importancia dun acto que serve de homenaxe a quen coa súa loita desde a sociedade civil organizada, en particular desde as asociacións memorialistas e as forzas políticas, e tamén desde as institucións democráticas, contribuíron á recuperación do pazo para o patrimonio público.

A recuperación da Casa Cornide, dixo, é o seguinte paso do Goberno local "decidido a reclamar o retorno á cidadanía dun monumento cuxo valor quedou demostrado coa incoación da súa declaración como ben de Interese cultural". Para Rey, cada vez que unha propiedade espoliada regresa aos seus lexítimos donos "contribuímos a facer un acto de reparación", e lembrou que A Coruña foi unha das primeiras cidades españolas en que o apoio do Concello aos movementos sociais e  veciñais permitiu a recuperación da Casa de Santiago Casares Quiroga, espazo dedicado á preservación do legado político do republicanismo coruñés,

Rey agradeceu o traballo incesante do goberno de Pedro Sánchez e especialmente da vicepresidenta primeira, Carmen Calvo, "porque a decisión do Goberno foi esencial para o impulso do proceso xudicial que nos trouxo ata aquí".

 A alcaldesa asinou esta mañá o protocolo que establece as funcións que terán que desenvolver cada unha das institucións implicadas na xestión do pazo á espera de que o Tribunal Supremo decida sobre o recurso presentado pola familia Franco. Desta maneira, Goberno, Xunta, Deputación e os concellos de Sada e A Coruña fixan as liñas de actuación que cada administración asume de xeito temporal. O Concello da Coruña responsabilizarase das actividades de difusión dos traballos que se desenvolvan dentro do plan de actuacións que se acorde pola Comisión de Seguimento.

O acordo foi rubricado pola vicepresidenta primeira do Goberno e Ministra da Presidencia e Relacións coas Cortes e Memoria Democrática, Carmen Calvo; o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Sada, Benito Portela. Calvo estivo acompañada no acto polo secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, e do delegado do Goberno en Galicia, José Miñones.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión