Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de xaneiro de 2023

A alcaldesa, Inés Rey, xunto coa secretaria de Estado de Telecomunicaciones e Infraestructuras Digitales, María González Veracruz, acudiu hoxe á Cidade das TIC na que se ubicará o novo espazo audiovisual

Inés Rey: “A Coruña consolidarase como referente do audiovisual co novo estudio da Cidade das TIC”

O proxecto ‘Ecosistema Dixital do Sector Audiovisual de Galicia (EDAGA)’ contempla unha superficie total de 6.865 m² con espazos para persoal de oficina e almacenaxe, dúas naves e un estudio de gravación inmersivo de produción audiovisual pioneiro en España

A alcaldesa, Inés Rey, acudiu esta mañá, xunto coa secretaria de Estado de Telecomunicaciones e Infraestructuras Digitales, María González Veracruz; o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; e o reitor da Universidade da Coruña (UDC) á Cidade das TIC na que se ubicará o novo espazo do proxecto 'Ecosistema Dixital do Sector Audiovisual de Galicia (EDAGA)'. Rey sinalou que con este proxecto "damos un paso máis e dotamos de servizos e funcionalidade a Cidade das TIC, creando un espazo audiovisual onde pequenas e medianas empresas do sector, así como o propio alumnado da UDC, poderán levar a cabo os seus proxectos".

A Cidade das TIC terá, a través deste proxecto, dúas naves para realizar contidos de imaxe e son así como un estudio de gravación inmersivo para a produción audiovisual pioneiro en España. Tamén se crearán dous espazos máis para persoal de oficina e almacenaxe, o que permitirá poñer a disposición das persoas usuarias recursos materiais e humanos para desenvolver a súa actividade. En total, o EDAGA contempla unha superficie total de 6.865 m² para dar servizo ao sector audiovisual. "A Coruña consolidarase como referente do audiovisual co novo estudio da Cidade das TIC, unindo os dous principais eixes de desenvolvemento desta cidade: cultura e tecnoloxía" subliñou a rexedora.

A alcaldesa puxo en valor o traballo conxunto para o desenvolvemento do proxecto e agradeceulles a Julio Abalde, reitor da UDC, a Valentín González Formoso, presidente da Deputación, e a Jorge Algora, presidente do Clúster Audiovisual a súa cooperación e diálogo para sacar adiante a iniciativa. Tamén lle agradeceu á secretaria de Estado de Telecomunicaciones e Infraestructuras Digitales, María González Veracruz, en representación do Goberno de España, a súa aposta pola Coruña "facendo posible proxectos coma este espazo audiovisual pero tamén referendando o noso obxectivo de que A Coruña sexa a cidade que acolla o primeiro organismo estatal de intelixencia artificial" sinalou a alcaldesa.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión