Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

12 de febreiro de 2020

Inés Rey: “A radio é crítica e reflexión, achéganos ás demais persoas, sempre está aí”

A alcaldesa clausurou esta mañá en Afundación o acto de homenaxe ás e aos profesionais das ondas con motivo do Día Mundial da Radio avogando pola súa pluralidade e a súa forza para unir a xente

A alcaldesa, Inés Rey, clausurou esta mañá na sede de Afundación o acto de homenaxe que A Coruña lles rendeu ás persoas profesionais que cada día informan a través das ondas con motivo do Día Mundial da Radio que se celebra mañá. O acto consistiu nunha mesa redonda que, baixo o título "Os códigos deontolóxicos e as fake news nas ondas", contou con representantes das emisoras da cidade.

A alcaldesa felicitou e eloxiou o labor das voces da radio "que é a mellor compañeira de viaxe, non se ve, pero está aí, estívoo sempre". A radio, dixo, é crítica e reflexión e axuda a formar un pensamento plural e diverso. "A radio enriquece e achéganos ás demais persoas, a unha realidade distinta que quen locuta transforma en próxima", sinalou.

A alcaldesa lembrou como "a súa radio analóxica" a acompañara en distintas etapas da súa vida e agora en María Pita "porque non se apaga nunca, está nas noites de insomnio e de camiño ao despacho, e ningún avance tecnolóxico será capaz de suplir a súa maxia, unha antena disposta a escoitarte, a emocionarte e a contarche".

O debate, precedido por un orixinal monólogo a cargo do actor e humorista Oswaldo Digón, estivo moderado por Fernando Ramos, un dos redactores do Código Deontolóxico da FAPE e contou coa presenza de Rafael Cid (RNE), Alejandro López (Radio Galega), Nacho Capeáns (Onda Cero), Marcos Sanluis (Radio Coruña-Cadena Ser), Eva Iglesias (Cadena Cope) e persoas representantes da directiva da Asociación Periodistas de Galicia.

A Asemblea Xeral de Nacións Unidas fixo súa a resolución aprobada pola UNESCO e proclamou o día 13 de febreiro, día que se creou Radio Nacións Unidas en 1946, Día Mundial da Radio, unha data que serve para facer un chamamento a todas as emisoras "para que defendan a diversidade" e lembrarlle á sociedade a importancia da radio para construír un mundo máis inclusivo.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión