Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Cando:

22 de decembro de 2020

Inés Rey: “Agardamos impulsar o crecemento de Alvedro a través deste acordo”

Esta mañá tivo lugar no consistorio a sinatura do convenio de colaboración entre o Consorcio de Turismo, a Cámara de Comercio e Iberia para ampliar a frecuencia dos voos a Madrid

Esta mañá tivo lugar no pazo municipal de María Pita a sinatura do convenio de colaboración entre o Consorcio de Turismo, a Cámara de Comercio e Iberia para ampliar o número de voos a Madrid. No acto de sinatura, participaron a alcaldesa, Inés Rey, o concelleiro de Turismo, Juan Ignacio Borrego, o presidente da Cámara de Comercio da Coruña, Antonio Couceiro, e o director de Vendas e Acordos Comerciais Institucionais de Iberia, Víctor Moneo.

Este acordo, a través do cal se realiza desde o pasado 17 de novembro e durante tres meses unha experiencia piloto desde A Coruña, implicará o aumento da conectividade aérea con Madrid nun 50% e daralles a posibilidade ás coruñesas e aos coruñeses de iren e volveren á capital do Estado no mesmo día e varias veces por semana.

A alcaldesa sinalou que "poucas cidades no mundo poden neste momento levar a cabo un proxecto piloto que supoña o aumento do 50% das operación aéreas co seu principal hub, que no noso caso é Madrid". Rey lembrou que "desde mediados de novembro, temos avións de Iberia e con base en Alvedro durmindo na nosa cidade, tres días á semana, que voan cara a Madrid á primeira hora da mañá". A rexedora asegurou que este é un dos primeiros pasos do Goberno local, xunto ás licitacións de Madrid e Bilbao, para recuperar o aeródromo: "Agardamos impulsar o crecemento de Alvedro a través deste acordo".

Neste acordo de colaboración, o Consorcio de Turismo achega 150.000 euros, a Cámara de Comercio da Coruña 50.000 euros e a aeroliña Iberia valora o seu risco en 500.000 euros. O proxecto piloto activouse o 17 de novembro e rematará o 17 de febreiro. A viabilidade deste proxecto piloto suporíalles un aforro de custos ás empresas e negocios con sede na Coruña.

Pola súa banda, o concelleiro de Turismo apuntou que "este proxecto pioneiro supón unha conexión moi operativa e dinámica para as necesidades das viaxes de negocios e de traballo".

O presidente da Cámara de Comercio asegurou que "a necesaria axilidade que precisa o mundo da empresa obrigou a dar unha resposta moi rápida para que A Coruña sexa a cidade piloto neste importante ensaio que permitiu contratar voos de maneira inmediata, o que permitirá que A Coruña sexa a cidade mellor conectada con Madrid, tras Barcelona".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión