Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

1 de octubre de 2021

Inés Rey anuncia o pulo definitivo a construción do centro de saúde e a remodelación do mercado de Santa Lucía

A rexedora resaltou que esta actuación tan demandada é froito do diálogo institucional impulsado polo seu goberno.

A alcaldesa, Inés Rey, anunciou hoxe o pulo definitivo para construción do centro de saúde da Falperra e da remodelación do mercado de Santa Lucía. Rey avanzou esta mañá que o vindeiro luns 4 de outubro asinará o convenio de colaboración co Servizo Galego de Saúde, Sergas, para dotar a zona dun novo ambulatorio. A rehabilitación do edificio que se levará a cabo permitirá ademais renovar o mercado e construír un centro cívico.  "Unha actuación moi esperada pola veciñanza da Falperra, e que o Goberno Local impulsou desde o primeiro momento", dixo.

O acordo coa Xunta, dixo, é unha mostra máis dos resultados do diálogo institucional polo que aposta o goberno local. "Entre o Concello e a Xunta de Galicia faremos realidade un investimento que supoñerá unha notable mellora na calidade de vida do barrio e da propia  cidade", subliñou, e lembrou que xa é posible iniciar a construción dado que a día de hoxe xa non quedan postos no mercado.

O Concello cederá ao Sergas a parte correspondente do inmoble por un período de 30 anos e o Sergas asumirá o custo de construción do novo centro de saúde que contará cunha superficie de 1.323 metros cadrados. O organismo de saúde farase cargo tamén do 58% dos gastos de mantemento do edificio, porcentaxe que se corresponde coa superficie total do novo inmoble que será destinada a centro de saúde.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión