Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

27 de abril de 2021

Inés Rey: “Debemos defender o feminismo en todos os momentos da nosa vida porque só así se poden combater as desigualdades”

A alcaldesa participou esta tarde no I Foro Pensando en Educación xunto á filósofa Amelia Valcárcel e Cristina López Villar, vicerreitora de Igualdade, Cultura e Deporte da UDC

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, destacou na súa intervención de hoxe no Paraninfo da Universidade da Coruña que "debemos defender o feminismo en todos os momentos da nosa vida porque só así se poden combater as desigualdades". Rey participou no I Foro Pensando en Educación xunto á filósofa Amelia Valcárcel, encargada de ofrecer a conferencia "A civilización feminista", a vicerreitora de Igualdade, Cultura e Deporte da UDC, Cristina López Villar, e o concelleiro de Educación, Jesús Celemín.

A rexedora lembrou que o sexo segue sendo un condicionante á hora de elixir estudos universitarios, "nas titulacións de enxeñería, arquitectura ou nas vencelladas á industria a presenza feminina non supera o 28%, pero podemos contar cos dedos os homes que poboan as clases de maxisterio ou enfermaría", apuntou.

Rey destacou que Amelia Valcárcel nos recordou hoxe que "esta civilización feminista só pode avanzar e consolidarse se o contexto é favorable, se o mundo xira nunha mesma dirección" xa que hai décadas, defendeu, "ninguén se propoñía practicar o feminismo porque a muller pasou séculos sen poder facer nada".

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión