Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de outubro de 2021

Inés Rey destaca a capacidade de entendemento do seu goberno co obxectivo de saldar a débeda histórica coa cidade en materia de infraestruturas sanitarias

A alcaldesa lembrou na sinatura do convenio para a construción do centro de saúde de Santa Lucía que “estamos ante unha obra prioritaria para o Goberno local e para as máis de 11.000 persoas ás que se presta servizo actualmente no centro de Federico Tapia”.

A alcaldesa, Inés Rey, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asinaron esta mañá en María Pita o convenio de colaboración que permitirá a construción do novo centro de saúde de Santa Lucía e remodelar o edificio do antigo mercado.

"Hoxe damos un paso importantísimo na cidade; trátase dunha necesidade urxente que permitirá mellorar a atención sanitaria da veciñanza da Falperra ao dispoñer dun novo centro de saúde que terá o dobre de capacidade que o actual", explicou a rexedora, quen lembrou que "estamos ante unha obra prioritaria para o Goberno local e para as máis de 11.000 persoas ás que se presta servizo actualmente no centro de Federico Tapia".

Rey destacou que o novo centro mellorará a calidade da atención sanitaria notablemente xa que se duplicarán as consultas de atención xeral, pediatría e enfermaría, e ademais daranse novos servicios como o de matrona ou educación maternal. Incrementarase tamén o espazo destinado a zona de admisión e salas de agarda.

Coa sinatura  desde convenio o Concello cédelle ao Servizo Galego de Saúde a xestión do espazo por 30 anos e o SERGAS farase cargo dos custos da obra aínda que a construción farase dende o Concello para garantir a mellor coordinación coa remodelación do mercado e o futuro centro cívico. Unhas actuacións combinadas  que colmatan unha infraestrutura moi necesaria para este barrio, que evitan a degradación do mesmo, e que se completarán con obras de humanización e rehabilitación do espazo urbano no barrio.

A alcaldesa agradeceu a implicación persoal do Conselleiro de Sanidade no impulso político desta actuación, e pediulle que lle siga dando a máxima prioridade co obxectivo de que o novo centro sexa unha realidade o antes posible. Tamén resaltou o labor desenvolto pola Concellería de Urbanismo que lle deu unha prioridade absoluta a esta actuación.

E puxo en valor a relevancia política deste acordo que permitiu sacar adiante unha obra largamente demandada pola cidade e que pon de manifesto a capacidade do goberno que dirixo de dialogar institucionalmente en favor dos intereses da cidade. "Fíxemolo co CHUAC e facémolo agora co Centro de Saúde, cumprimos coa nosa obriga: entendernos en clave de progreso co obxectivo de saldar a débeda histórica coa cidade en materia de infraestruturas sanitarias. A Coruña é a última das cidades galegas en renovar as súas instalacións sanitarias, e facíase necesario e urxente ir dando estes pasos", dixo.

Hai dous anos, lembrou, comprometinme a que o diálogo sería unha das claves do meu mandato en favor do progreso da cidade, e a sinatura de hoxe é unha mostra máis dese compromiso. "A miña man e a do Goberno municipal sempre estará tendida para calquera iniciativa que, como esta, redunde nunha mellora dos se dos servicios públicos da cidade", engadiu.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión