Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de setembro de 2021

Inés Rey destaca a importancia de reivindicar a figura de Emilia Pardo Bazán para afondar na nosa historia

A alcaldesa presenta en María Pita a estrea absoluta no Teatro Rosalía de Castro da obra “Los pazos de Ulloa”, no marco do programa municipal #EPB100

A alcaldesa, Inés Rey, presentou esta mañá en María Pita a estrea absoluta da obra "Los Pazos de Ulloa",  xunto coa súa directora, Helena Pimenta, o autor da versión teatral, Eduardo Galán, e os actores Pere Ponce e Marcial Álvarez. A representación, que terá lugar mañá e o venres no Teatro Rosalía, forma parte do programa #EPB100 co que Concello celebra o centenario do pasamento de Emilia Pardo Bazán.

Agradeceulle á compañía a súa posta en escena da obra polo seu esforzo para dar a coñecer a escritora. "É importante para nós que a figura de Emilia Pardo Bazán sexa reivindicada desta maneira. De xeito, o Concello fixo un esforzo importante coa programación dedicada a súa figura", dixo.

"É importante coñecer a nosa historia, e coñecer profundamente a aquelas figuras que souberon reflectila no seu traballo, para darnos conta de que os logros que hoxe en día nos parecen normais, antonte non o eran", explicou ao tempo que lembrou que a Emilia Pardo Bazán non a deixaron sentarse na Real Academia Española por ser unha muller, e que sufriu a incomprensión dunha sociedade tradicional contra a que se rebelou coa súa pluma.

Durante a presentación, a alcaldesa destacou que o Teatro Rosalía leva anos tomando o pulso da vida cultural da cidade cunha axenda chea de eventos como a programación do ciclo principal outono 2021 con 13 propostas de calidade até o día 18 de decembro.

Unha vez máis, dixo, o teatro enche de arte escénica a cidade dándolle acubillo á estrea absoluta da obra "Los pazos de Ulloa", nun ano no que o Concello celebra o centenario do pasamento de Emilia Pardo Bazán cun amplo programa de actividades para reivindicala como unha das grandes intelectual do século XIX e XX. "Esta programación sobre Pardo Bazán, eterna feminista, certifica que as mulleres poden protagonizar os principais eventos culturais e artísticos da cidade", dixo.

Unha obra, recalcou, que amosa que a autora está máis viva que nunca cun relato sobre o caciquismo, o fanatismo relixioso, o analfabetismo, a violencia e a loita de clases. Tamén lembrou que toda esta actividade que se está a desenvolver na cidade é unha clara mostra de que a cultura non para na cidade, que desde o Goberno se segue apostando pola cultura, en especial pola local. A cultura, afirmou, é segura e necesaria, xa que a súa xente leva meses traballando contra todas as dificultades e expresou  o seu desexo de poder encher todas as butacas do teatro. "Non é posible polo de agora. Por iso, toca mirar ao futuro, seguir programando cultura", destacou. Por iso, o Concello vai estar alí onde se poña en valor a cultura local, poñendo en valor o talento do país".

A representación celebrarase dentro do programa deseñado polo Concello que inclúe máis de 40 iniciativas sobre a figura da escritora desde o ciclo "As mulleres, cen anos despois de Emilia Pardo Bazán" en que mulleres referentes en diferentes ámbitos falaron das súas traxectorias profesionais e das dificultades que atoparon polo feito de ser mulleres, a espectáculos de danza que nos achegan á figura das cigarreiras descritas nas obras da escritora e que serven para afondar no feminismo galego; a estrea de "El Reflejo", un monólogo con ilustracións musicais inspirado na súa novela La Tribuna até os dous congresos internacionais sobre a súa figura a cargo da Real Academia Galega e a Universidade da Coruña e, máis tarde, coa inauguración da mostra "El Reto de la Modernidad" no Kiosco Alfonso.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión