Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de maio de 2021

Inés Rey destaca no Día da Policía Local o seu labor durante a crise da COVID 19

A alcaldesa presidiu esta maña no Teatro Colón a entrega das medallas ao mérito policial no acto de celebración do día da súa patrona

A alcaldesa, Inés Rey, asistiu esta maña no Teatro Colón ao acto de celebración do Día da Policía Local onde fixo entrega das medallas ao mérito policial e agradeceulles a súa profesionalidade e espírito de servizo e entrega "que fai que A Coruña teña un corpo policial que é modelo dentro e fóra das nosas fronteiras e que cada día fai da nosa cidade un espazo máis libre e seguro para todos nós". No acto de homenaxe, en que se distinguiu por primeira vez a Bombeiros e voluntarias/os de Protección Civil, tamén estiveron presentes o delegado do Goberno, José Miñones; o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva; o comandante militar da Coruña, José Manuel Siaba; o primeiro tenente de alcaldesa, Juan Ignacio Borrego; o director de Seguridade Cidadá, Carlos García Touriñán, e o xefe da Policía Local, José Antonio Brandariz.

Rey lembrou durante o acto que se cumpre 175 anos desde que se instaurou na cidade a rolda municipal, ó xérmolo da actual Policía Local e desde o Concello "non queremos deixar pasar esta data porque supuxo unha toma de conciencia como cidade da necesidade de nos organizar". A alcaldesa felicitou en nome de toda a cidadanía ás persoas que conforman o corpo de seguridade "polo vosa vocación de servizo público, unha cuestión que vai máis alá da profesionalidade que desempeñades".

Tamén lles agradeceu o seu labor aos axentes autonómicos e nacionais, á Garda Civil, a Bombeiros e a protección Civil: "Sen dúbida, pasamos por momentos difíciles en que o voso labor foi fundamental. Primeiro para lle dar confianza a unha veciñanza que vivía con moita incerteza a aparición do virus que nos confinou nas nosas casas, e logo para garantir o control das medidas sanitarias", e gabou todo o esforzo extra que realizaron. A rexedora destacou a súa calidade humana, que os levou a animar a cativada, que os fixo entrar nos colexio a animar as nenas e aos nenos internos; "contribuístes con nota a frear a expansión deste virus, pero tamén fostes unha luz para moitas persoas no confinamento".  Rey lembrou que todas as medidas adoptadas, todas as políticas de asistencia e axuda aprobadas polo Goberno local recibiron un apoio unánime por parte da Policía Local. "Contábamos con vós e grazas á coordinación de todos os corpos, das asociacións e colectivos desta cidade solidaria, puidémoslles dar ás coruñesas e aos coruñeses a máxima seguridade", dixo. Por iso, a alcaldesa asegurou que o Concello tratará de reforzar a súa dedicación con máis recursos e medios para que "poidades realizar voso traballo nas mellores condicións posibles".

A rexedora recordou que a pandemia impediu a celebración do acto o ano pasado e o recoñecemento a axentes, inspectores e xefes dos distintos corpos, por iso "nos volveremos a reunir despois do verán para distinguir aos profesionais, quizais o ano máis complicado das nosas vidas".

Recoñecementos

Este ano recibiron medalla ao mérito policial o inspector José Manuel López Vázquez, o oficial Ángel Ramón de la Iglesias, e os policías José Luis Iglesias, José Manuel Penas e Francisco Javier García Mera. E tamén o xefe da Policía Nacional de Ferrol-Narón, Jorge Manuel Rubal; o xefe do sector de Agrupación de Tráfico da Garda Civil de Galicia, Javier Molano; o xefe provincial na Coruña da Policía Autonómica de Galicia, Antonio Nieto; o suboficial do Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento do Concello da Coruña, José Manuel Morandeira e o monitor de Protección Civil do Concello da Coruña, Federico de La Fuente.

Do mesmo modo, a alcaldesa felicitou os 11 profesionais que cumpriron 30 anos no servizo da Policía Local en 2019 e os 36 que se xubilaron en 2019. "Elas e eles son os verdadeiros protagonistas deste acto. Grazas por nos facer ver que detrás deses uniformes hai grandes corazóns que non escatiman esforzos para estar ao lado de quen vos necesita", rematou

PRESENTACION LIBRO 175 ANOS POLICIA LOCAL

Doutra banda, o Pazo de María Pita foi escenario esta mañá da presentación dun libro sobre os 175 años da Policía Local da cidade. Durante o acto, o concelleiro de Seguridade Cidadá, Juan Ignacio Borrego, destacou o labor dos axentes nun ano cheo de incertezas en "que nos demos conta da necesidade de coidar e preparar os nosos servizos esenciais e entre eles, a nosa Policía Local, para lle facer fronte a circunstancias como as vividas. Sen dúbida, os nosos axentes cumpriron coas expectativas e responderon con nota a chamada da cidadanía".

O edil agradeceulle a Manuel Arenas o seu labor de investigación que fixo posible que hoxe se concentre nun só volume a historia da policía e a súa evolución xa que os 30 que comezaron facendo tarefas de vixilancia hai que multiplicalos por 12 para chegar aos 370 axentes actuais repartidos por 15 seccións, algunhas delas moi específicas e nas que se aborda o traballo con cada vez máis recursos: "Sabemos, hoxe máis ca nunca, o importante que é que os nosos veciños se sintan apoiados polas forzas de seguridade e pola administración e por iso desde a Concellería que dirixo, a Policía local é unha prioridade".

Borrego felicitou no seu día, o día ás policías locais de toda Galicia e de deulles a en hora boa polo seu esforzo e dedicación diaria. A crise sanitaria, dixo, non fixo máis que confirmar que vos necesitamos e que con vós estamos seguros.

E, por último  expresou os seus desexos de que "o libro chegue a moitas e moitos coruñeses porque eles son parte da nosa identidade. Son parte desa Coruña que sempre demostrou un carácter solidario e aberto. Grazas aos seus protagonistas polo traballo na rúa ao longo destes 175 anos e aos recompiladores deste fantástico relato por permitirnos coñecer algo máis desta Coruña barco".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión