Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de setembro de 2021

Inés Rey destaca o potencial da cidade para atraer proxectos tecnolóxicos

A alcaldesa: “Debemos aproveitar os fondos Next Generation para potenciar o crecemento das empresas cun modelo máis verde, máis dixital e máis sostible” Sinalou que a Cidade das TIC é un bo exemplo de como a colaboración entre a Universidade, as administracións públicas e o sector empresarial logran acadar desenvolvemento tecnolóxico, innovación, crecemento, ciencia e emprego.

.- A alcaldesa, Inés Rey, asistiu esta mañá á entrega dos galardóns ás mellores PEMES do ano que outorga a Cámara de Comercio da Coruña, onde destacou o labor de impulso do emprendemento empresarial que leva a cabo a entidade coa concesión destes premios, e a importancia de que as administracións públicas axuden a fomentar e conservar as empresas que contribúen no ámbito da innovación tecnolóxica. Neste senso, a alcaldesa destacou a importancia "de aproveitar os fondos Next Generation para potenciar o crecemento das empresas cun modelo máis verde, máis dixital e máis sostible"

"A Coruña está a ser recoñecida como o lugar no que a innovación cataliza, ese hub no que se atopan, comparten, se alimentan e crean iniciativas empresariais que, aínda que poidan ser de moi distinta natureza, se benefician dun ecosistema favorecedor de todas elas", explicou Rey quen insistiu que nesa tarefa, a cada institución correspóndelle exercer as súas competencias e a súa responsabilidade, para que ninguén bote en falta a súa achega, a de cada unha na súa xusta medida.

"A Cámara contribúe coa súa acción institucional ao fomento do desenvolvemento económico e o crecemento das empresas da nosa contorna, pero uns premios como os que hoxe se entregan non deixan de contribuír igualmente a esa mesma finalidade de apoio, porque son recoñecemento público do merecido esforzo, que se recompensa e, ao facelo, incentívase", dixo.

O Concello aposta por un crecemento inclusivo e sostible, "que as empresas incorporen ao seu ADN corporativo unha forma de facer empresa compatible co benestar da cidadanía, en liña coas máis modernas normas de goberno corporativo e os modelos de rendición de contas", destacou.

Para a rexedora, A Coruña e a área metropolitana deben representar esa oportunidade para o crecemento empresarial. As infraestruturas físicas e as tecnolóxicas, as redes e nodos de transporte, a mellora dos espazos urbanos, o respecto á contorna natural e ao patrimonio físico e paisaxístico, e mesmo o fomento da cultura, son todas elas accións que deveñen esenciais como condicións para que o tecido empresarial fique asentado.

Rey apuntou que moitas accións as desenvolven os poderes locais, concellos e deputación, e outras correspóndenlle á Xunta ou á Administración Xeral do Estado, e nese caso, "o meu Goberno demostrou a súa responsabilidade de esixir o seu desenvolvemento".

Rey sinalou que o proxecto da Cidade das TIC é un bo exemplo de como a Universidade, as administracións públicas e o sector empresarial poñen en común unha potencialidade enorme, acabando coa súa dispersión e provocando que da súa interacción xurda desenvolvemento tecnolóxico, innovación, crecemento, ciencia e emprego de alto valor engadido. "A Coruña xa é un referente en desenvolvemento de tecnoloxías da comunicación e a información un polo de innovación que debe consolidarse tamén no ámbito da dixitalización empresarial, o tratamento de datos, a intelixencia artificial e a industria 4.0", dixo.

A alcaldesa felicitou a todas as empresas premiadas (Imatia Innovation, Gabadi, Tecdesoft, Insertega, Teiga TMI, e Grelo Comunicaciones) "por saber aproveitar esas potencialidades e, con esforzo, traballando duro, lograr o liderado no voso campo. Todas provides de ámbitos diferentes e dades así tamén noticia desa característica, a diversidade, que é sinónimo de riqueza", e animounas a continuar e mais tamén a indicarlles o camiño ao resto.

Pola súa banda, o voceiro municipal e deputado provincial, José Manuel Lage, felicitou tamén á empresa gañadora, "un claro exemplo da aposta pola innovación que caracteriza á provincia da Coruña e da importancia de impulsar a transferencia de coñecemento entre a universidade e a empresa".

Sinalou que a través do Plan Reactiva, o organismo provincial axudou a 1.071 pequenos negocios na provincia; financiou a contratación de catrocentas doce persoas, e achegou tres millóns e medio de euros para que trescentos noventa e sete pequenos negocios puideran realizar investimentos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión