Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de novembro de 2020

Inés Rey destaca o traballo de 42 creadores/as locais durante o confinamento

A alcaldesa da Coruña acudiu esta mañá á Sala de Exposicións Municipal de Palexco, que será xunto ao Quiosco Alfonso a sede da exposición colectiva ‘A nosa arte en corentena’ que abrirá mañá e poderá visitarse até o 24 de xaneiro. A rexedora lembrou que “o sector cultural é unha das principais preocupacións do meu goberno, especialmente en medio dunha crise como a presente”.

A alcaldesa da cidade, Inés Rey, acudiu esta mañá á Sala de Exposicións Municipal de Palexco, que será xunto ao Quiosco Alfonso a sede da exposición colectiva ''A nosa arte en corentena' que abrirá mañá e reúne o traballo de 42 creadoras e creadores locais co confinamento e os efectos da Covid-19 no seu labor como fío temático.

A mostra, que non contará cunha inauguración oficial por motivos sanitarios, é para a alcaldesa "un novo exemplo do compromiso activo do concello co sector cultural da cidade". "A mirada destas e destes artistas evidencia o altísimo nivel artístico que existe na Coruña e a súa capacidade para se adaptaren aos tempos, por moi complicados que estes sexan. Deste xeito, a exposición serve para convidar á reflexión, e mediante a creatividade facernos ver os moitos cambios que esta pandemia está a provocar na sociedade, poñendo en primeiro plano cuestións como a importancia da saúde pública, da comunicación persoal ou dos espazos en que vivimos, co valor engadido de facerse en quente, coa arte como vehículo de todas as nosas incertezas".

A alcaldesa lembrou que "o sector cultural é unha das principais preocupacións do meu goberno, especialmente en medio dunha crise como a presente, por iso puxemos en marcha numerosos proxectos para dinamizar o sector, organizando centos de eventos nos últimos meses ou abrindo novas liñas de actuación, como é o caso desta mostra ou de programas que presentaremos axiña".

Ánxela Caramés e Leticia Castromil foron as encargadas de comisariar esta mostra, que baixo o epígrafe 'Paisaxes interiores/Paisaxes exteriores' estará aberta desde o 1 de decembro en horario de 12.00 a 14.00 h e de 18.00 a 21.00 h todos os días ata o 24 de xaneiro. Exhibiranse 128 obras de pintura, escultura, fotografía, estampación, ilustración ou videoprodución, en suma, unha visión ampla da diversidade artística da Coruña, con autores e autoras nacidos entre a década dos 50 e dos 90.

"Esta exposición volve concretar a nosa aposta pola cultura local en todas as súas formas. 56 creadores e creadoras da cidade xa participaron hai menos dun mes na xornada de Estudios Abertos que organizou o concello con grande éxito de afluencia e estou segura de que, cumprindo todas as normas contra a pandemia, estas mostras volverán a reunir moito público, afianzando de novo A Coruña como o que sempre foi, unha capital artística", indicou Inés Rey.

Autores e autoras participantes e sala na que expoñen (KA, Quiosco Alfonso; PAL, Palexco):

Diana Aitchison (KA)

Edu Albo (KA)

Xoán Anleo/ Juan Lesta (PAL)

Pedro Bueno (KA)

Óscar Cabana (KA)

Diego Cabezas (KA)

Vari Caramés (PAL)

José Caruncho (PAL)

Samuel Castro (PAL)

Yago Castromil Dotras (PAL)

Xosé Cobas (KA)

Javier Correa Corredoira (KA)

Isra Cubillo (KA)

Eugenia Cuellar (PAL)

Luis Díaz Díaz (PAL)

Esferobite (KA)

Iria Fafián (KA)

Héctor Francesh (KA)

Xurxo Gómez-Chao (PAL)

Anne Heyvaert (KA)

Amador Iravedra (PAL)

Oliver Laxe (KA)

Juan Lesta (PAL)

Enrique Lista (PAL)

Xurxo Lobato (KA)

Antón López (KA)

Víctor López-Rúa (KA)

Amador Lorenzo (KA)

Miguel Mariño (KA)

Tatiana Medal (PAL)

Tono Mejuto (KA)

María Meseguer (PAL)

Marco Moreira (PAL)

Jano Muñoz (KA)

Arantza Pardo (PAL)

Laura Pazos (KA)

Lara Pintos (PAL)

Cillas Rodríguez (PAL)

Juan Rodríguez (KA)

Bego Tojo (KA)

Gonzalo Veloso (KA)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión