Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

28 de abril de 2021

Inés Rey: “O novo centro de baixa esixencia daralles cobertura ás persoas máis vulnerables da nosa cidade”

A alcaldesa e o presidente da institución benéfica Padre Rubino, Eduardo Aceña, asinaron esta mañá o convenio de cesión de uso ao Concello da antiga sede da entidade en Labañou

A alcaldesa, Inés Rey, e o presidente da institución benéfica Padre Rubinos, Eduardo Aceña, asinaron esta mañá en María Pita o convenio da cesión gratuíta do uso da antiga sede da entidade en Labañou que lle dá luz verde á posta en marcha dun centro de acollida de baixa esixencia. O novo centro, dixo a alcaldesa, atenderá as persoas sen fogar en situación de máxima vulnerabilidade.

A alcaldesa lembrou que despois de ter que pechar o centro Abeiro, aberto polo anterior executivo, ao non contar co permiso da Xunta por non cumprir as condicións necesarias para un centro destas características, o Goberno local tiña o reto de construír un centro de baixa esixencia, "que suplise as carencias do anterior e que contribuirá á cohesión social, de non deixar a ninguén atrás, e de darlles cobertura ás persoas máis vulnerables da nosa cidade".

"Atender e coidar as persoas menos favorecidas é un dos eixos principais do noso Goberno. Temos a obriga de responder ás necesidades sociais da nosa cidade e hoxe facémolo en colaboración con Padre Rubinos, unha institución que traballou e traballa para erradicar a desigualdade, atendendo as persoas menos favorecidas; un referente do terceiro sector na cidade, a quen quero agradecerlles o seu compromiso, a súa solidariedade e o seu labor silencioso que contribúe a paliar as desigualdades na nosa sociedade", sinalou a rexedora, que tamén puxo en valor o labor desenvolto polo equipo da Concellería de Benestar Social encabezado pola concelleira Yoya Neira.

Para a alcaldesa, este convenio é o punto final dun labor ben feito que lle dá resposta a unha realidade social, en especial neste ano de pandemia en que todos os recursos municipais se puxeron a disposición da cidadanía: "un labor que facemos en colaboración con todas as entidades do terceiro sector a quen lles recoñecemos o seu traballo nesta colaboración público-privado para que entre todas e todos poidamos construír unha Coruña máis solidaria e máis igualitaria na que ninguén pase necesidades".

Pola súa parte, o presidente de Padre Rubinos, Eduardo Aceña, cualificou a sinatura do convenio dun grande éxito da Concellería de Benestar Social que pon de manifesto que a colaboración entre o sector público e o privado é a maneira máis eficaz de responder aos problemas das persoas menos favorecidas.

A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, explicou que, a través deste convenio, o Concello asume o compromiso de acometer a reforma integral das instalacións en distintas fases con fondos procedentes do programa FEDER, Estratexia Eidus Coruña, por un importe de 523.200 euros. As obras de reforma da planta baixa deberán estar executadas e concluídas antes do día 31 de decembro de 2022, o resto da reforma dispón dun prazo de dez anos para levarse a cabo.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión