Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de xuño de 2022

Inés Rey: "O Viaxes Amarelle FSF é un exemplo para o deporte feminino coruñés"

O conxunto coruñés, que acadou recentemente o ascenso á máxima categoría do fútbol sala feminino, foi recibido no Salón de Sesións do Pazo Municipal de María Pita

A alcaldesa, Inés Rey, acompañada pola concelleira de Deportes, Mónica Martínez, recibiu este mércores á directiva, corpo técnico e xogadoras do Viaxes Amarelle FSF, que acadou recentemente o ascenso á máxima categoría do fútbol sala feminino.

A rexedora felicitou ao conxunto coruñés polo seu logro, así como "por todo o esforzo e o traballo desta tempada, histórica". Inés Rey subliñou, ademais, a capacidade do Viaxes Amarelle FSF "para erixirse como un un exemplo para o deporte feminino coruñés, no que cada vez participan máis rapazas".

Ademais, Inés Rey puxo en valor o compromiso do club para acoller a tres xogadoras ucraínas que, no mes de marzo, coa invasión rusa, chegaron á cidade para incorporarse ao Viaxes Amarelle FSF, "o que amosa que, ademais de calidade, o equipo tamén ten valores".​

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión