Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de decembro de 2021

A alcaldesa considera que A Coruña ten razóns para encarar con optimismo o 2022, xa que será o ano do despegue dos motores estratéxicos da cidade: o tecnolóxico e a sostibilidade

Inés Rey pide aos grupos políticos sumar esforzos para que o 2022 sexa o ano da recuperación económica e social

“O 2022 ten que ser o ano da apertura ao mar da cidade, o ano en que A Coruña volva ser un destino turístico de primeiro nivel e un referente nas grandes citas internacionais de música e de cultura”

A alcaldesa, Inés Rey, fixo hoxe un chamamento a todos os grupos políticos que forman parte da corporación na recepción de Nadal do Concello para "sumar esforzos, facer propostas e seguir colaborando para que o 2022 sexa o ano de saída da crise e da recuperación económica e social". 

Inés Rey, que recibiu no Palacio Municipal aos representantes dos sectores institucionais, económicos e sociais da cidade, destacou que "A Coruña ten razóns dabondo para encarar con optimismo o 2022". "Ten que ser o ano do despegue de Alvedro e de sectores estratéxicos para o crecemento da cidade como o das novas tecnoloxías, co impulso decisivo á Cidade das TIC". Para a alcaldesa, 2022 "será o ano da apertura ao mar da cidade, o ano en que a A Coruña volva a ser un destino turístico de primeiro nivel e un referente nas grandes citas internacionais de música e de cultura". 

Rey destacou tamén que o seu goberno seguirá a apostar pola sostibilidade medioambiental e social para crear unha cidade máis humana, "con máis espazo para as persoas, que recupere o lugar que lle corresponde como cidade de vangarda que sempre ten sido". Ademais, subliñou o seu compromiso persoal coa igualdade como panca do cambio,  "por facer da Coruña a capital das mulleres, a capital da igualdade". 

Agradeceu o comportamento da cidade durante a pandemia, destacando o traballo dos sectores esenciais, do tecido asociativo, dos funcionarios e a altura de miras dos grupos políticos da corporación para "poñer A Coruña por riba de calquera interese partidista". "Creo que coa unidade e o traballo conxunto fomos un reflexo de como é esta cidade, que ante as adversidades faise máis forte" afirmou. 

A rexedora puxo en valor que a capacidade de diálogo do seu goberno permitiu poñer en marcha este ano proxectos que ata este momento eran "soños" como o enlace ferroviario a Langosteira, o novo Chuac ou a estación intermodal. E tamén salientou o esforzo do seu executivo  por preservar e coidar a riqueza da cidade recuperando espazos como Méndez Núñez ou o quiosco da praza de Ourense, e humanizando os diferentes barrios da cidade.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión