Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

12 de xaneiro de 2021

Infraestruturas repara de urxencia a focha da avenida Porto da Coruña sen pechar o tráfico

O afundimento da calzada produciuse pola rotura dunha tubaxe e “xa se está actuando sobre esta incidencia para a solucionar canto antes e cos mínimos impedimentos posibles sobre o tráfico”

O Concello detectou unha focha de gran profundidade esta madrugada na avenida do Porto da Coruña producida pola rotura dunha tubaxe na rede de pluviais.

Persoal técnico do Servizo Municipal de Infraestruturas acudiu ao lugar da incidencia para inspeccionar, a través dunha cámara subterránea, a gravidade do estrago. Sinala que "xa se está actuando sobre esta incidencia para a solucionar canto antes e cos mínimos impedimentos posibles sobre o tráfico". Ademais, explica que polo de agora descoñécese o tempo que pode levar esta reparación. Canto ao tráfico, asegura que non se cortará, senón que se reducirán os carrís e só se poderán utilizar os dos extremos, en ambos os sentidos da circulación.

O primeiro paso dos operarios municipais está en detectaren a orixe da filtración para a amañaren e, posteriormente, asfaltaren a calzada: "Levará tempo, sobre todo pola rotura da tubaxe".

Recoméndaselle á veciñanza que, na medida do posible, evite circular por esta vía nas horas punta, aínda que o Servizo de Mobilidade sinalizará debidamente a dita vía, co obxecto de regular o tráfico e de que non se produzan incidencias.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión