Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de decembro de 2022

José Manuel Lage presenta a nova plataforma de contratos do Concello

“Con este rexistro público A Coruña convértese no primeiro Concello de Galicia en poñer esta ferramenta á disposición da cidadanía”, dixo o voceiro municipal

O concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior e voceiro municipal, José Manuel Lage, presentou este luns a nova plataforma de contratos do Concello da Coruña, que xa está dispoñible. Esta nova ferramenta pódese atopar no apartado de transparencia da páxina web do Concello, podendo acceder a ela de maneira sinxela e intuitiva.

"Con este rexistro público de contratos A Coruña convértese no primeiro Concello de Galicia en poñer esta ferramenta á disposición da cidadanía", sinalou José Manuel Lage durante a presentación. Calquera cidadán o cidadá pode consultar desde hoxe en tempo real os contratos da administración e os procedementos seguidos para a súa adxudicación.

Esta plataforma permite filtrar por expedientes, por data e importe de licitación, por tipo de contrato e por procedemento. "Hoxe damos un paso na transparencia do Concello, un paso que non ten marcha atrás, coa posta a disposición da cidadanía dunha ferramenta na que se poden consultar todos os contratos da administración municipal desde o 2018", dixo o voceiro municipal.

Todos os datos están actualizados ata o día de hoxe. O Concello da Coruña xa contaba cunha boa valoración en materia de transparencia, cun 88 de valoración no último informe elaborado pola Universidade de Santiago. "Incrementamos o noso compromiso coa transparencia con esta nova ferramenta, que permite mellorar notablemente o acceso á información por parte da cidadanía e o seu coñecemento dunha materia tan relevante como é a contratación", dixo José Manuel Lage.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión