Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

18 de enero de 2023

Luz verde á solicitude de fondos europeos para instalar na Cidade das TIC un centro de Intelixencia Artificial orientado ao medio ambiente

O Concello e a Universidade da Coruña (UDC) concorren, de forma conxunta, á primeira convocatoria do proxecto SUST-AI, dotado cun orzamento de 50 millóns de euros en fondos FEDER

Este mércores aprobouse en Xunta de Goberno Local o informe-proposta promovido polo Concello e a Universidade da Coruña (UDC) para concorrer á primeira convocatoria do proxecto SUST-AI, dotado cun orzamento de 50 millóns de euros en fondos europeos FEDER.

Neste sentido, o Goberno de Inés Rey e a UDC presentan unha iniciativa orientada á reconvertir unha nave industrial da antiga Fábrica de Armas para erixir un centro de Intelixencia Artificial onde se desenvolverán solucións innovadoras de IA para abordar cuestións vencelladas ao cambio climático, infraestruturas verdes e solucións urbanas baseadas na natureza.

O uso da IA serviría, desta forma, para abordar retos medioambientais nun proxecto que tamén implicaría ás asociacións veciñais, atendendo as necesidades e preocupacións da cidadanía no eido do medio ambiente.

Esta proposta, ideada para potenciar as instalacións da futura Cidade das TIC, coas obras xa en marcha desde maio de 2022, lévase a cabo co obxectivo de reforzar a aposta do Goberno de Inés Rey polo sector tecnolóxico como un dos principais motores económicos e laborais da cidade, coa recente elección da Coruña como sede permanente da Agencia Nacional Española para la Supervisión de la Inteligencia Artificial (AESIA).

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión