Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

16 de septiembre de 2021

Máis de 200 remeiros participan este domingo na IV Ocean Race de Kayak de Mar

A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, presentou esta mañá a proba que terá un percorrido de 10 km desde o areal de Riazor até a praia de Oza

A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, presentou hoxe na praia de Riazor a IV Ocean Race Cidade da Coruña de Kayak de Mar. Disputarase o domingo nas augas da Coruña, e contará con 28 equipos, 174 barcos inscritos, e 230 deportistas que ás 11.00 horas farán un percorrido de 10 quilómetros entre Riazor e Oza, pasando pola beira da Torre de Hércules, a torre de Salvamento Marítimo; mentres que as nenas e nenos da categoría cadete sairán de Oza e farán unha ruta de 5 km.

A concelleira, que estivo acompañada no acto polo presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea, e da presidenta da Sociedade Deportiva As Xubias, Ruth Arrojo, agradeceulles a ambos os dous o seu labor na organización desta competición na Coruña, "cun percorrido que deixará, sen dúbida, fermosas imaxes dunha cidade, a Coruña, perfecta para a celebración de deportes náuticos, como estamos a demostrar".

Martínez sinalou que para o Concello é un orgullo poder organizar este evento de tanta relevancia, "tendo en conta a importancia do piragüismo en Galicia, o deporte con máis medallas olímpicas de todas as disciplinas e que tantas alegrías nos deu nestes pasados Xogos Olímpicos de Tokio", e engadiu que o domingo Carlos Pérez Rial, Perucho, campión olímpico en Pekín 2008, estará competindo en augas herculinas xunto a varias/os padeeiras/os con  palmarés deportivos importantes.

"Da espectacularidade da proba dan boa conta as imaxes do ano pasado, e aínda que algúns das e dos remeiros fixeron referencia ao fría que está a auga, por enriba de todo destacaron a singularidade e beleza do campo de regatas desta proba coa Torre de Hércules como protagonista e que xa é todo un clásico", rematou a concelleira.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión