Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de xaneiro de 2022

Máis de 400 familias coruñesas foron atendidas polo Servizo Municipal de Canguros no último ano, un 60 % delas nos Espazos de Atención á Infancia

O Concello da Coruña respostou ás necesidades das nais e pais ofrecendo tamén a modalidade de coidados a domicilio, con medio milleiro de rapazas e rapaces atendidos nos seus fogares no 2021

O Concello da Coruña, a través do Servizo Municipal de Canguros que impulsa a Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación, incrementou durante o ano pasado as atencións a familias e menores por medio da modalidade dos Espazos de Atención á Infancia.

No 2021, 241 familias coruñesas gozaron deste servizo, un 18 % máis en comparación co exercicio previo. En total, 338 menores foron atendidos nos Espazos de Atención de Infancia, un 15 % máis que no ano 2020, amosando o compromiso do Goberno de Inés Rey para dar unha resposta continua ás necesidades das unidades familiares desde o inicio da pandemia da Covid-19.

En total, os profesionais dos Espazos de Atención á Infancia do Servizo Municipal de Canguros realizaron 21.605 horas de traballos, o que supón un 131 % máis en comparación co ano 2020; así como 10.233 servizos (un 275 % máis que no exercicio previo). O aumento destes indicadores explícase pola normalización progresiva do uso dos espazos, a posta en coñecemento da existencia dos mesmos entre as familias e tamén pola incorporación progresiva das familias ao traballo presencial.

Máis de 160 familias recurriron á modalidade a domicilio no ano pasado

Durante o ano 2021, un total de 164 familias coruñesas foron atendidas a través da modalidade a domicilio do Servizo Municipal de Canguros, unha posibilidade ofertada polo Concello da Coruña para facilitar os coidados dos máis pequenos nos propios fogares das usuarias e usuarios.

En total, foron 525 os menores atendidos o ano pasado por medio da modalidade a domicilio; 1.623 as horas realizadas polos canguros que traballan a domicilio e 2.957 os servizos prestados, case un 2 % máis en comparación co exercicio anterior.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión