Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

23 de abril de 2023

O curso conta con 28 prazas e un compromiso de contratación de seis meses para un mínimo do 25 % do alumnado que finalice o programa

Mañá comeza o terceiro curso de formación gratuíta en Big Data para persoas desempregadas

Nos vindeiros meses abrirase a cuarta e última convocatoria do programa con 28 novas prazas de formación na materia

O Concello da Coruña inicia mañá, luns 24 de abril, a terceira formación gratuíta en Big Data para persoas desempregadas no marco do programa 'Actualízate'. O curso conta con 28 prazas e 253 horas de formación gratuítas que se desenvolverán entre o 24 de abril e o 15 de xullo, en horario de 09.00 a 18.00 horas.

Ademais da formación específica sobre Big Data, o curso complétase con 12 horas de orientación laboral por persoa en formación, xunto cun compromiso de inserción laboral de seis meses para un mínimo do 25 % dos alumnos e alumnas que finalicen o programa. Impartirase no Centro Municipal de Emprego dos Rosales, igual que nas dúas anteriores convocatorias. 

A formación é froito do convenio asinado coa UTE Innova Next, SLU e The Valley Digital School SL para o desenvolvemento da formación para o emprego e intermediación no sector da tecnoloxía e a comunicación. Con motivo da alta demanda de persoas solicitantes nas anteriores convocatorias, o Concello da Coruña abriu esta terceira quenda co obxectivo de dar formación a máis persoas desempregadas e facilitar o seu acceso a postos de traballo que dispoñan dunha estratexia de transformación dixital.

O programa, xestionado polo Concello da Coruña, está impulsado por Red.es, entidade adscrita ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a través da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, e cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE). Nos vindeiros meses abrirase a cuarta e última convocatoria do proxecto con 28 novas prazas. Pode solicitarse información a través do Centro Municipal de Emprego na páxina web www.coruna.gal/emprego.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión