Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

21 de diciembre de 2020

Medio Ambiente adxudicaralles a asociacións sen ánimo de lucro a xestión das hortas dos parques de Oza e Carlos Casares

O uso por parte destes colectivos de máis de 160 m² para a agricultura ecolóxica e tradicional terá fins sociais, educativos, ambientais, participativos e integradores

A Concellaría de Medio Ambiente porá ao dispor das asociacións sen ánimo de lucro as hortas urbanas do parque de Oza e do de Carlos Casares para que as xestionen, co fin de fomentar así a agricultura ecolóxica tradicional, as relacións interxeracionais e a cohesión social nos barrios. Cada horta seralle adxudicada a un colectivo e incluso podería darse o caso de que for un único ente o que estiver á fronte das dúas. O seu uso non terá unha finalidade económica, senón social, educativa, ambiental, participativa e integradora. Poderán concorrer ao procedemento as asociacións sen ánimo de lucro, legalmente constituídas, con sede social no termo municipal da Coruña que certifiquen ter un carácter social, pedagóxico, terapéutico ou ambiental. As elixidas poderán xestionar as ditas hortas durante dous anos, prorrogables por dous máis, até un máximo de catro anos.

A horta localizada no parque de Oza conta cunha superficie total de 116,25 m² e está dividida en 13 parcelas, mentres que a de Carlos Casares chega aos 52,80 m² distribuídos en 12 parcelas de 4,4 m² cada unha delas.

Con esta convocatoria, a Concellaría de Medio Ambiente pretende darlle resposta á crecente demanda por parte das coruñesas e dos coruñeses de espazos dedicados a este tipo de actividades. De feito, ultima un proxecto para instalar máis hortas no Parque Adolfo Suárez, motivo polo cal nas vindeiras semanas se reunirá coa asociación de usuarias/os destas. Tamén se está traballando no punto de información sobre hortas dentro do programa Connecting Nature.

"As hortas para o Goberno de Inés Rey non son un proxecto medioambiental máis, representan o reencontro da cidadanía coa natureza a través de todo que esta nos pode dar cando lle dedicamos algún esforzo. Supoñen un intercambio enriquecedor de coñecementos e unha volta ás orixes na nosa alimentación", sinalou a concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión