Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

6 de abril de 2020

Medio Ambiente doa equipos de protección individual para o persoal do CHUAC

A concellería achegoulles esta mañá 500 pantallas de protección e 300 traxes de protección ás traballadoras e traballadores do complexo hospitalario

A Concellería de Medio Ambiente e Sustentabilidade fixo esta mañá unha doazón de equipos de protección individual para os e as profesionais do CHUAC. Desde o inicio do estado de emerxencia, distintas empresas fixeron chegar á concellería non só o seu desexo de contribuír de modo activo a todo tipo de actuacións que axuden a paliar esta pandemia, senón que tamén entregaron diferente material destinado ao persoal traballador que está en primeira liña da loita contra o COVID19.

Seguindo ese xesto de compromiso e responsabilidade, esta mesma mañá un técnico da Concellería de Medio Ambiente achegouse ao CHUAC para lles entregar 300 traxes de protección de diferentes talles para os usar o persoal sanitario e de 500 pantallas de protección. Deste xeito, a concellería quixo compartir a xenerosidade da que foi obxecto con aqueles profesionais que están en primeira liña da fronte de batalla contra o virus.

Ademais, esta entrega realizouse seguindo o criterio que marcou a nosa alcaldesa, Inés Rey, á hora de colaborar coas organizacións, profesionais, empresas e institucións que máis están achegando en beneficio da seguridade e da saúde de todos os coruñeses e as coruñesas. Ese mesmo criterio foi o que seguiu a concellería ao repartir entre as empresas concesionarias dos servizos esenciais dependentes de Medio Ambiente as máscaras, luvas e pantallas recibidos o venres pasado procedentes directamente de Alcaldía.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión