Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de abril de 2020

Medio Ambiente recorda que os parques non son lugares de lecer durante o estado de alarma

Unicamente se poden transitar aqueles que están dentro dun radio máximo de 100 metros e quedan de camiño a locais de venda de produtos de primeira necesidade ou ben para pasearen as mascotas co fin de que realicen as súas necesidades fisiolóxicas, no tempo recomendado

A Concellería de Medio Ambiente recórdalle á veciñanza que, no período de confinamento, os parques da cidade, as praias e o paseo marítimo non están destinados ao lecer nin á práctica de deporte e, moito menos, a seren lugares de encontro entre persoas coñecidas. Na actualidade, os parques de Santa Margarida (pola rolda de Nelle), Bens e San Pedro e o Xardín de San Carlos teñen os seus accesos pechados. Outros como San Diego, Méndez Núñez, Oza, Paseo das Pontes, Parque Europa etc. permanecen abertos soamente porque, debido ao seu deseño, non se poden pechar fisicamente, pero iso non significa que estean permitidos neles os usos comentados anteriormente.

Desde Medio Ambiente, ven con preocupación como nestes días os corpos e forzas de Seguridade se atoparon con persoas por estas zonas verdes que, coa desculpa de pasearen as súas mascotas ou incluso sen ningunha causa xustificada, estaban usando estes puntos para daren unha volta, realizaren exercicio ou simplemente para quedaren con amizades.

A concellería insiste en que unicamente as e os coruñeses que teñan un parque dentro do radio máximo de 100 metros establecido polo Decreto poden atravesalo para se dirixiren a través del a farmacias, supermercados, panadarías etc. ou para pasearen os seus cans coa finalidade de que realicen as súas necesidades fisiolóxicas e só durante o espazo de tempo recomendado. Róganlle á cidadanía que cumpra as normas establecidas neste estado de alarma porque, se se respectaren, volverase desfrutar antes destes parques.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión