Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

30 de decembro de 2020

Medio Ambiente retira manualmente nos últimos días 12,5 toneladas de cartón e papel

Desde a concellería recordan que, por mor dos fortes ventos, o servizo non pode usar os guindastres

A Concellería de Medio Ambiente retirou 12,5 toneladas de cartón e papel nos últimos días, pese a que o persoal traballador está recollendo este material de xeito manual por mor do mal tempo e estao trasladando en furgonetas. No momento en que as condicións meteorolóxicas sexan favorables, as empregadas e empregados sairán de novo á rúa cos cinco camións con guindastres habilitados para realizaren esta tarefa de maneira ininterrompida. Co fin de evitar a acumulación de cartón e papel procedente dos negocios ou locais, o Concello facilita na súa web de Medio Ambiente as rutas que cubrirá o servizo mais os horarios da recollida porta a porta.

Neste sentido, desde a concellaría piden a colaboración da veciñanza para que non deixe fóra dos colectores este material e que o que baixe estea pregado. No caso de mobles, electrodomésticos ou útiles de gran volume, chamen ao teléfono 010 para que lles asignen un día de recollida. Medio Ambiente recorda que a normativa municipal estipula sancións para este tipo de comportamentos.

Coa nova concesión do servizo, tanto o cartón como o papel baleiraranse independentemente das condicións meteorolóxicas, xa que os novos vehículos serán de carga lateral e non suporán riscos para as operarias e os operarios.

A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, asegurou que "sempre dixen que mantermos a cidade limpa era un compromiso de todas e de todos, do Goberno local a través desta concellería poñendo os medios necesarios, e das coruñeses e dos coruñeses colaborando con actitudes de compromiso coa hixiene e a salubridade".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión