Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

21 de junio de 2020

Medio Ambiente solicita a colaboración cidadá para a limpeza das súas parcelas

A concelleira Esther Fontán recorda a necesidade de mantelas en bo estado para evitar os incencios durante este verán

A Concellería de Medio Ambiente solicita a colaboración cidadá para que realice os labores de limpeza de maleza nas súas parcelas e zonas verdes. A edila Esther Fontán recorda a necesidade de mantelas en bo estado co fin de evitar que se produzan incendios: "Moitas veciñas e veciños están recibindo estes días comunicacións do concello para que cooperen e extremen as precaucións no uso das súas leiras".

Recorda que o mantemento non se refire únicamente á poda e ao roce dos terreos dos que son propietarias/os, senón que tamén atende a evitar a acumulación de residuos, neumáticos ou calquera elemento que poida provocar un lume. Neste aspecto, lembrou o convenio que existe coa Xunta de Galicia para solicitaren os traballos de limpeza a un prezo máis asequible. Fontán agradeceu o alto grao de colaboración da veciñanza tanto o ano pasado como nesta tempada.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión