Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

23 de marzo de 2020

Mercados incorpora máis persoal de conserxería nas prazas de abastos

A concellería reforza con seis profesionais o control nos mercados co fin de protexer as/aos traballadores, praceiras/os e clientela

A Concellería de Mercados reforza o cadro de persoal de conserxería das prazas de abastos con seis profesionais máis que desde hoxe e polo tempo en que se prolongue o estado de alarma prestarán os seus servizos. Deste xeito, refórzase o control nos mercados co fin de protexer ao máximo o persoal municipal, as e os praceiros e vendedoras/es, e a veciñanza e clientela destes lugares dedicados á compra-venda.

Mercados tomou esta decisión para garantir os protocolos que estableceron desde Medio Ambiente e saúde laboral en que se recomenda un maior control dos accesos ás instalacións, a limitación do número de clientas e clientes e a distancia de seguridade entre as e os compradores.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión