Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

1 de agosto de 2021

Mostrart consolídase como a máis importante feira de artesanía de Galicia

O tenente de alcaldesa, Juan Ignacio Borrego, participa na presentación dunha mostra en que estarán presentes 73 obradoiros artesáns. Borrego salientou que "o apoio do Concello da Coruña a Mostrart enmárcase no compromiso da alcaldesa, Inés Rey, coa reactivación económica"

A edición número 37 de Mostrart comeza nos Xardíns de Méndez Núñez, consolidada como a feira de artesanía de referencia en Galicia e unha das máis importantes de España.

O tenente de alcaldesa, Juan Ignacio Borrego salientou na inauguración de Mostrart que "esta mostra de artesanía, unha das máis antigas de Galicia, consolidouse ao longo destes 37 anos como unha feira profesional de referencia en Galicia e unha das máis importantes a nivel nacional".

73 obradoiros artesáns participarán en Mostrart, que estarán presentes nos Xardíns de Méndez Núñez do 1 ao 29 de agosto, "convertendo este espazo emblemático da nosa cidade no centro neurálxico da artesanía da nosa comunidade", segundo salientou o tenente de alcaldesa.

Borrego manifestou na presentación da Mostra de artesanía que "o apoio do Concello da Coruña a Mostrart enmárcase no compromiso da alcaldesa, Inés Rey, coa reactivación económica, un dos eixes fundamentais de actuación do Goberno municipal".

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión