Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

13 de outubro de 2020

Novo convenio de colaboración para o desenvolvemento do programa "Emprendemento e divulgación da economía social",

O Concello da Coruña e a unión de cooperativas EspazoCoop teñen asinado un convenio de colaboración para o desenvolvemento do programa "Emprendemento e divulgación da economía social", conformado por un conxunto de accións que buscan apoiar o cooperativismo na cidade da Coruña.

Este programa conta con tres liñas de intervención - acompañamento para re-inicio de actividades: asesoramento e acompañamento, tanto a cooperativas en marcha como a grupos de personas promotoras para agrupar servizos, recursos e investimentos - asesoramento económico e financeiro: asesoramento especializado na área de financiamento, con foco na banca ética e de base cooperativa, para entidades de economía social e solidaria - teleformación: hai programados dous cursos. O primeiro, "A Coruña emprende en cooperativa", do 9 ao 25 de novembro, e o segundo "Da idea á cooperativa. A Coruña emprende", do 1 ao 18 de decembro.

Toda a información do programa "Emprendemento e divulgación da economía social" neste enlace https://espazo.coop/novas-do-coperativismo/economia-social-a-coruna-2020/

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión