Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de abril de 2022

O aeroporto da Coruña recibe hoxe o primero voo de Málaga e mañá estrea conexión con Valencia

Esta mañá aterraban en Alvedro os pasaxeiros e pasaxeiras do primeiro viaxe Málaga-A Coruña-Málaga, operado pola compañía aérea Volotea

Alvedro recibiu hoxe e os primeiros pasaxeiros da nova ruta que une Málaga e A Coruña. Esta mañá aterraba o primeiro voo procedente do aeroporto andaluz. Mañá, venres 8, chegará o primeiro procedente de Valencia. Coa chegada de ambos os voos A Coruña amplía a conexión con outras cidades españolas e continúa sumando destinos á súa oferta aérea, seguindo as políticas do Goberno de Inés Rey de potenciar o valor turístico da cidade a través das súas infraestruturas clave, ademais de ofrecer á cidadanía un  mellor servizo, con máis destinos e conexións, desde o aeroporto.

A compañía Volotea cubrirá ambas as rutas con dúas frecuencias semanais en cada caso: na de Málaga, luns e xoves e na de Valencia, luns e venres. Estas novas ruta son froito da licitación pública que o Consorcio de Turismo e Congresos de A Coruña sacou a concurso a finais do pasado ano 2021. Os billetes xa están dispoñibles a través das súas canles oficiais. 

Con esta conexión, A Coruña abre unha liña de novo mercado directo con Málaga e Valencia en dous eixes: como potencial vacacional, ampliando a conexión con estas dúas liñas directas e de baixo custo; e como atracción do mercado MICE de outras provincias españolas, avanzando no obxectivo de posicionar A Coruña como capital de grandes eventos e congresos.

A pasada semana, Alvedro recibía tamén os primeiros pasaxeiros da nova conexión coa cidade de Londres, sumándose á xa operativa con París-Orly nos destinos internacionais e dando conta da importancia que ten para o goberno de Inés Rey a potenciación do aeroporto local, buscando sumar rutas que fomenten o turismo na Coruña e ofrezan alternativas para viaxar desde a cidade.

A Coruña como destino turístico

A inauguración destas novas liñas potenciará o atractivo da cidade como destino turístico  da Semana Santa. O Goberno de Inés Rey está a traballar coa organización de grandes eventos deportivos e culturais para converter A Coruña nun destino turístico de primeiro nivel mesmo no ámbito internacional. 

O aeroporto de Alvedro dispón, ademáis das novas rutas con Málaga e Valencia, de conexións directas con Madrid con Air Europa e Iberia; Barcelona, Sevilla, Valencia, París e Londres con Vueling; Gran Canaria coa compañía Binter ou Bilbao, coa mesma Volotea.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión