Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de marzo de 2020

O albergue habilitado no Pavillón de Deportes de Riazor estará operativo desde mañá

A Concellería de Benestar Social ofrecerá aloxamento, duchas e comida para 35 persoas con posibilidade de aumentalas ou de habilitar máis espazos se for preciso

O concello habilitará o frontón e parte das instalacións do Pavillón dos Deportes de Riazor para albergar desde mañá a 35 persoas sen fogar durante as 24 horas do día, con posibilidade de aumentar as liteiras -cedidas polo Exército- e os espazos de acollida se for preciso.

Nas instalacións daráselles ás e aos usuarios servizo de duchas e aseo con produtos de hixiene; almorzo, comida e cea, así como aloxamento, dentro dunha zona habilitada para o descanso. Benestar Social e a Forza de Loxística Operativa (FLO) acondicionaron estes días o multiusos para que poidan durmir e teñan ademais un apartado en que realizaren as comidas.

Deste xeito, o persoal aproveitará o tempo en que xantan para limpar a zona de descanso e en todo momento se gardarán as medidas de seguridade e prevención decretadas polo Estado. As persoas usuarias estarán separadas tanto nestes dous apartados como en varias zonas internas para o esparexemento, incluída tamén unha exterior entre o pavillón e o estadio de Riazor.

Nun dos accesos ao pavillón onde estará habilitada a entrada, persoal do Sergas realizaralles unha triaxe e ademais, unha vez dentro, tomaráselles a temperatura e controlarán o seu estado polo menos dúas veces ao día.

O persoal traballador da Concelleria de Deportes tamén traballou na preparación, adaptado e recolocación de persoal e servizos para que o frontón estea operativo, por todo iso o Goberno local agradece a estes funcionarios e funcionarias o seu enorme labor para preparar e acondicionar este equipamento deportivo. Durante estes días o persoal traballador das instalacións deportivas realizaron a mudanza para liberar espazos, reconverter despachos, preparar comedores, habilitar zonas de illamento, etc. O Executivo local quere felicitar a estes funcionarios e funcionarias e aos da Concellería de Benestar Social polo duro traballo.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión