Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

28 de julio de 2022

O alumnado do obradoiro de emprego xuvenil organiza percorridos guiados polo pasado romano da Cidade Vella e Pescaría

A andaina dá continuidade aos percorridos xa executados esta semana, entre martes e mércores, na contorna do convento de San Francisco e o Castro de Elviña

O alumnado do obradoiro de emprego da Rede Virtual de Xacementos Arqueolóxicos (CORUXA) organizou esta mañá un percorrido guiado pola herdanza romana dos barrios da Cidade Vella e Pescaría, unha iniciativa orientada á difusión da riqueza patrimonial existente na Coruña e que tamén pon en valor a herdanza deste período histórico na cidade.

Miguel Ricoy e Patricio Gómez, alumnos do obradoiro de emprego, guiaron ás persoas asistentes durante hora e media, nun traxecto que comezou en Porta Real, "un enclave histórico da cidade e punto de inicio desta ruta", para continuar pola Igrexa de Santiago, as rúas Tabernas, Príncipe e Santo Domingo -con parada ante os conventos de Santo Domingo e Santa Bárbara-, a colexiata de Santa María, a rúa da Franxa, a igrexa castrense de San Andrés, o Obelisco e, finalmente, rematar na praza de María Pita. "Non se trata dun percorrido cronolóxico, senón baseado no achegamento aos espazos emblemáticos da cidade no período ao que nos cinguimos", sinalan os guías.

O concelleiro de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego, Jesús Celemín, asistiu á andaina e destacou a importancia desta proposta, "que axuda a trasladar á cidadanía, de maneira didáctica e amena, o coñecemento que temos na actualidade sobre a localización do antigo asentamento de Brigantium, coñecemento obtido en base ás fontes escritas e epigráficas, pero tamén tras un importante traballo de arqueoloxía urbana levado a cabo por profesionais capacitados na análise e rexistro dos restos atopados baixo terra, sempre en condicións complexas, unha cuestión que tamén debemos valorar".

A andaina levada a cabo hoxe pola Cidade Vella e Pescaría, que forma parte das actividades promovidas no contexto da especialidade formativa en 'Dinamización, programación e desenrolo de actividades culturais', dá continuidade aos percorridos xa executados esta semana, entre martes e mércores, na contorna do convento de San Francisco e o Castro de Elviña.

A Rede Virtual de Xacementos Arqueolóxicos é un programa de emprego e formación para mozos e mozas incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, promovido polos concellos da Coruña e Culleredo. Esta iniciativa xuvenil parte do compromiso do Goberno de Inés Rey de impulsar a inserción laboral como motor económico da cidade, con iniciativas coma este obradoiro ou o proxecto Coruña Suma. O obxectivo do programa é formar a mozos e mozas na aprendizaxe das TIC, un dos sectores estratéxicos da cidade e a súa contorna, achegando as técnicas de realización e produción fotográfica aos xacementos arqueolóxicos da Coruña.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión