Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de xaneiro de 2023

‘O Atlántico parte de ti’ comeza a súa segunda edición coa participación de 16 centros educativos da cidade

O programa de formación en deportes de vela para alumnado de 5.º e 6.º de primaria conta coa colaboración de catro clubs náuticos da cidade

O concelleiro de Educación, Jesús Celemín, estivo hoxe no pantalán de Oza acompañando aos participantes da primeira xornada do programa 'O Atlántico parte de ti', promovido polo Concello da Coruña a través do Servizo Municipal de Deportes e a Concellaría de Educación. Esta iniciativa contará nesta segunda edición coa participación de 16 centros educativos da cidade.

'O Atlántico parte de ti' é un programa pensado para achegar o mundo da vela ás mozas e mozos de 5.º e 6.º de primaria dos colexios da cidade. É unha proposta deportiva que busca fomentar a actividade física entre a mocidade. O obxectivo é que as persoas participantes adquiran as técnicas básicas da vela, ademais de coñecer e respectar as normas de seguridade e protección para o desenvolvemento de deportes acuáticos.

O proxecto conta coa colaboración de catro clubs da cidade: RC Náutico da Coruña, Marina Coruña, Club Marítimo de Oza e Playa de Oza, ademais da Federación Galega de Vela. Nesta primeira xornada participou o alumnado do CEIP Torre de Hércules. En total, serán 46 as aulas que tomen parte desta iniciativa e case un millar de nenos e nenas, o que supón case 250 participantes máis que na primeira edición.

"Esta iniciativa do Goberno de Inés Rey é todo un éxito de participación e de interese entre os centros docentes e as/os escolares da cidade. A Coruña é unha cidade que vive por e para o mar", sinalou Jesús Celemín. O concelleiro destacou tamén outro programa conxunto de Deportes e Educación, como é 'Máis rápidas, máis altas, máis fortes', que promove a participación e implicación da muller no ámbito deportivo.

O programa 'O Atlántico parte de ti' realizarase todos os mércores, xoves e venres de xaneiro a xuño. As persoas participantes poderán iniciarse en deportes como a vela ou o windsurf.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión