23 de septiembre de 2022
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu o acto de apertura desta competición que se celebrará este sábado na contorna de Bens
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de apertura da edición número 24 do Campionato de España de MTB de policías locais, que se celebra mañá, sábado 24, na cidade. Esta proba a única das súas características que forma parte do calendario oficial da Federación Española de Ciclismo e está organizada pola Asociación Cultural e Deportiva da Policía Local.
Inés Rey agradeceu o labor que levan a cabo os e as axentes durante o ano e deulles ánimos de cara á esixente carreira de mañá. "Espéravos unha xornada de grande intensidade. Sen dúbida, a contorna de Bens poñeravos a proba, igual que o fan miles de situacións no voso día a día como axentes", sinalou a alcaldesa.
A saída neutralizada será ás 10.00 horas desde o Parrote. As persoas participantes percorrerán o Paseo Marítimo ata Bens, onde está previsto que comece a carreira ás 10.30 horas. Os ciclistas darán tres voltas a un trazado de 12 kilómetros, dúas voltas no caso das categorías feminina e de maiores de 50 anos.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible