Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de febreiro de 2023

O Centro de Información á Muller da Coruña atendeu a 863 usuarias o ano pasado

Os indicadores de xestión dos servizos de Igualdade destacan o importante aumento de oferta e participación dos cidadáns en actividades de loita contra a violencia

A concelleira de Igualdade, Benestar Social e Participación, Yoya Neira, acudiu esta mañá ao Centro Municipal de Información á Muller (CIM), onde fixo un resumo da actividade do servizo municipal que atende, asesora e informa de forma integral ás mulleres da cidade.

O ano pasado, o CIM atendeu a 863 usuarias sobre distintos aspectos relacionados coa violencia de xénero. "Trátase dunha cifra que se mantén estable nos últimos anos e iso obríganos a non baixar a garda", explicou Neira. "Que non haxa un aumento acusado de mulleres que veñen en busca de información non quere dicir que sexa menos preocupante. O problema segue aí e é terrible, como demostra o asasinato, onte mesmo, dunha muller en Baiona."

Neira, que estivo acompañada polo delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, subliñou tamén outros datos que reflicten o traballo de servizo de Igualdade, como o importante aumento de actividades de fomento da igualdade de oportunidades e loita contra as violencias machistas que organizou o Concello en 2022. Realizáronse un total 283 actividades para colectivos de todas as idades e en distintos sitios (na rúa, nos colexios, en eventos, na Universidade) polos que pasaron 13.441 persoas. Tanto o incremento de actividades como de participantes creceu máis dun 300% con respecto a 2021, ano no que houbo 70 actividades e 3284 participantes.

"Desde o Goberno de Inés Rey fixemos un importante esforzo: cos puntos violeta, co Pacto Social por unha cidade libre de violencias machistas, coas actividades nos centros escolares e na Universidade, con contidos novos como o Espazo Interactivo... E vemos que a cidadanía responde, o que nos anima a seguir neste labor de prevención e sensibilización sobre todo dirixida aos máis novos" dixo Neira. 

Por último, Neira destacou tamén o incremento de beneficiarios no servizo de canguros municipais. Atendeuse a un 15% máis de menores na modalidade de atención en espazos municipais e preto dun 10% máis na atención a domicilio, un crecemento que se mantén constante desde 2020 e que demostra o compromiso do Goberno municipal coa conciliación. 

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión