Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

8 de febrero de 2020

O CMIX abre unha nova canle de comunicación para a mocidade a través de Whatsapp

A Concellería de Benestar social aclara que a iniciativa “Como vai?” non é unha canle de difusión de información, senón de resolución de dúbidas de temática xuvenil

A Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación, a través do Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX), abre o "Como vai?", unha nova canle de comunicación destinada á mocidade a través da aplicación de mensaxería Whatsapp e cuxa finalidade é resolver dúbidas concretas sobre calquera tema do seu interese.

O número de teléfono para utilizar este servizo, que xa está funcionando, é o 606 362 366 e o horario de atención está operativo de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas, aínda que a mocidade pode enviar mensaxes a calquera hora do día. O horario de atención no mes de agosto será de 9.30 a 14.30 horas. Este número de teléfono, atendido polo persoal do CMIX, só funciona para as consultas por Whatsapp, xa que o número telefónico deste centro municipal segue a ser o 981 184 294.

A través deste novo servizo o CMIX facilita a resolución de dúbidas concretas sobre calquera temática. En caso de que a dúbida teña unha complexidade que impida a súa resolución por esta canle, invitarase a resolvela persoalmente ou a través do teléfono ou correo electrónico. Ademais, as consultas son anónimas, xa que non se require ningún tipo de identificación previa.

A concellería quere destacar que non se trata dunha canle de difusión de información, senón de resolución de dúbidas de temática xuvenil como estudos, bolsas e axudas, tempo libre, carnés xuvenís etc.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión