30 de noviembre de 2021
Os módulos, de carácter presencial e orientados á formación para entidades, colectivos e cidadanía, impartiranse entre os días 9 e 14 de decembro
O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación que encabeza Yoya Neira, lanza este mércores, 1 de decembro, a segunda edición da Escola de Participación, un espazo de formación e aprendizaxe para entidades, colectivos informais e a cidadanía inaugurado o ano pasado.
O prazo de preinscrición para os catro obradoiros ofertados, de carácter presencial e con módulos de entre tres e catro horas de duración, ábrese este mércores e rematará o día 8 de decembro, ás 15.00 horas.
Será o xoves, 9 de decembro, e co Centro Sociocultural Ágora como o núcleo de actividade, cando darán comezo as sesións de traballo. Abrirá camiño o obradoiro de iniciación á linguaxe de signos, unha proposta de sensibilización na que se inclúen pautas de aprendizaxe e a práctica dalgúns signos básicos, como saúdos e presentacións. Haberá dúas sesións (xoves 9, de 16.30 a 20.30 horas; e venres 10, de 10.00 a 14.00 horas), impartidas por persoal técnico da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG). Hai 15 prazas dispoñibles para cada sesión.
Tamén o día 9, no Ágora, comezarán os talleres de xestión emocional en tempos da Covid-19, obradoiros deseñados para que as persoas usuarias traballen cuestións como os enfados e os medos, así como a xestión da tensión, aprendendo a vivir en contornas incertas. Serán tres módulos independentes (xoves 9, de 11.00 a 14.00 horas; venres 10, de 16.00 a 19.00 horas; e luns 13, de 10.00 a 13.00 horas), impartidos polo psicólogo Aquilino Lousa. Ofértanse 12 prazas por módulo.
Xa o luns, 13 de decembro, a Escola de Participación do Concello da Coruña iniciará os talleres de obtención e uso básico do certificado dixital, módulos de carácter práctico con instrucións útiles para a cidadanía. Haberá dúas sesións (luns 13, de 16.00 a 20.00 horas; e martes 14, de 10.00 a 14.00 horas), impartidas por persoal técnico da consultora de formación Siglo XXI entre a Aula de informática CCM Os Rosales e o local da Federacións de Asociacións Veciñais. Haberá 10 prazas por módulo.
Por último, o martes 14 de decembro, e en sesión única, impartirase un taller de organización de reunións virtuais, no que a cidadanía poderá aprender a convocar e xestionar xuntanzas telemáticas para, por exemplo, asuntos laborais. O módulo, que se levará a cabo de 16.30 a 19.30 horas na Aula de informática CCM Os Rosales tamén co persoal técnico de Siglo XXI, contará con 10 prazas dispoñibles.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible