Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

21 de enero de 2023

Dende o vindeiro luns 23 de xaneiro, os centros educativos de secundaria e bacharelato poderán achegar as súas solicitudes de inscrición

O Concello abre o prazo de inscrición para a segunda edición do proxecto educativo “Imaxina Coruña”

Os proxectos terán como temática a ciencia e realizaranse a través da aplicación móbil educativa do Centro de Súper Computación de Galicia

O Concello da Coruña abre o prazo de inscrición para a segunda edición do proxecto educativo "Imaxina Coruña" para o curso escolar 2022-2023, unha iniciativa municipal que pretende difundir a cultura científica e tecnolóxica entre o alumnado de secundaria. O prazo de inscrición comeza o vindeiro luns 23 de xaneiro e permanecerá aberto ata o 15 de febreiro e poden presentarse todos os centros educativos con sede na cidade da Coruña e área metropolitana que conten con grupos de alumnado de educación secundaria obrigatoria e bacharelato.

Este ano a temática escollida para os proxectos é a ciencia cidadá. Os equipos deberán desenvolver unha investigación utilizando a aplicación móbil educativa do CESGA (Centro de Súper Computación de Galicia), aplicando as TIC ao ámbito educativo e aprendendo a utilizalas dunha forma segura. O proxecto finalizará coa presentación pública dos experimentos ou materiais creados que cheguen á fase finalista.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión