Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

18 de setembro de 2020

O concello abre o prazo de preinscrición nas actividades socioculturais dos centros cívicos municipais

As persoas interesadas poderanse dar de alta, preferentemente cubrindo un formulario en liña, desde as 08.00 h de hoxe e até as 20.00 h do 20 de setembro. Benestar Social tamén habilitará unha liña telefónica para aquelas persoas que non se poidan preinscribir a través de Internet.

A Coruña, 18 de setembro de 2020.- O concello, a través da Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación, abriu hoxe ás 08.00 h a preinscrición nas actividades socioculturais dos centros cívicos municipais. O prazo estará aberto os días 18, 19 e 20 de setembro e deberase realizar preferentemente en liña, ata as 20.00 h do día 20, a través da páxina web municipal de Servizos Sociais https://bit.ly/3kp9YIU. Aquelas persoas que non se poidan preinscribir a través de Internet poderán facelo chamando ao 881 150 185 de 10.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h. Desde a concellería lembran que para recibir apoio no anterior número de teléfono é necesario saber o código da actividade que se solicita.

Nesta convocatoria, como novidade, tamén se realizarán actividades no local da Asociación veciñal de Nostián. A data de inicio das actividades presenciais será o 5 de outubro, aínda que pode variar en función da actividade, e finalizarán a semana do 7 de decembro.

A formación de grupos será dun máximo de 9 participantes e un/ha monitor/a, e estará condicionada a realización das actividades a acadar un número mínimo de inscricións. Soamente se chamará á listaxe de espera ao inicio (segundo día da actividade), xa que se pretende seguir o modelo "burbulla". Ademais, terán preferencia as persoas empadroadas no Concello da Coruña.

O vindeiro luns, 21 de setembro, publicaranse as listaxes nos centros cívicos co número que lle corresponde a cada persoa no sorteo, e o martes retransmitirase en directo o devandito sorteo a través dun vídeo na canle de Youtube "Coruña Acompaña". A partir do número resultante para cada centro cívico no sorteo público, elaboraranse as listaxes de admisións e as listaxes de espera.

O 29 de setembro publicaranse as listaxes provisionais de admisións e listaxes provisionais de espera. Ambas as listas poderanse consultar na web de Servizos Sociais, nos centros cívicos ou chamando ao teléfono 010 de información cidadá. Canto ás reclamacións, serán as direccións dos centros cívicos as que as reciban.

Por outra banda, o pago das taxas realizarase de maneira presencial e obterase un modelo de folla de pago o primeiro día da actividade. O prezo público establécese segundo a Ordenanza fiscal número 43, reguladora do prezo público por prestación de servizos e utilización de instalacións culturais, educativas, de lecer e análogas de titularidade municipal.

Desde Benestar Social informan de que o aboamento do prezo público e a entrega no centro cívico do impreso selado pola entidade bancaria son imprescindibles para iniciar a actividade. De non facelo así, perderase o dereito á praza e chamarase a persoa que corresponda da listaxe de espera.

Canto á modalidade en liña das actividades socioculturais, estas serán gratuítas, é dicir, abertas a toda a veciñanza, polo que non será necesario inscribirse. Ccomezarán o 28 de setembro, rematarán o 11 de decembro e realizaranse a través da canle de Youtube "Coruña Acompaña". Nesta plataforma fomentarase unha programación de actividades en modalidade vídeo semanal (50 min) para toda a cidadanía.

Na páxina web municipal de Servizos Sociais pódese consultar o protocolo para a prevención de contaxios da COVID-19 que se seguirá en todos os espazos en que se leven a cabo estas actividades.

Máis información na seguinte ligazón: https://bit.ly/3kp9YIU

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión